DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de tenza de animais potencialmente perigosos OU-APP-2003/004.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo á devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición de recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2004.

Javier Ruiz de Almirón Schlung

Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Procedemento sancionador: tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos).

Número de expediente: OU-APP-2003/004.

Interesado: Luís Manuel Gabarri Montoya.

Contido da resolución: sancionar a Luís Manuel Gabarri Montoya cunha multa de 600 euros. Contra esta resolución caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Monterín, 5, Ourense.