DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios PO-INC-2003/167.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2004.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador: incendios (Lei 61/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de incendios forestais).

Número de expediente: PO-INC-2003/167.

Interesado: Arturo Bras Blanco.

Contido da resolución: sancionar a Arturo Bras Blanco cunha multa de 300,51 euros. Contra esta resolución caberá, de conformidade cos artigos 117 e 118 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Último enderezo coñecido: Illas Aldebosas, 9-4º D, Arcade, 36690 Soutomaior, Pontevedra.