DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes CO-MON-2003/021.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición de recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2004.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador: montes (Lei de montes do 8 de xuño de 1957 e Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes).

Número de expediente: CO-MON-2003/021.

Interesado: Olimpio Vigo Pérez.

Contido da resolución: sancionar a Olimpio Vigo Pérez cunha multa de 601,01 indemnización de 120 euros á comunidade afectada. Contra esta resolución caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Último enderezo coñecido: Castelao, nº 1, 15920 Rianxo, A Coruña.