DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/165).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. C.T.C. Maquieira.

Situación: Fene.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 380 m de lonxitude, coa orixe no C:T. As Foxas e final no tramo de liña que alimenta ao C.T. Fiesta, unha vez que entre e saia do C.T. Maquieira en r/ Doutor Malvar ao lado do edificio as Viñas, que se vai instalar.

Centro de transformación en zona baixa de edificación lado entrada a aparcadoiro, de 630 kVA e tensións de 20/0,400-0,230 kV fronte edificio As Viñas. Concello de Fene.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 27 de agosto de 2004.

Francisco X. Fernández Naval

Delegado provincial da Coruña en funcións