DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/163).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. CC.TT. urbanización Cancelas-Mallou.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 580 m de lonxitude, coa orixe e final en celdas do C.T. Palas, unha vez que entre e saia dos centros de transformación nº 1 e nº 2 da urbanización Cancelas-Mallou, que se vai instalar.

Centro de transformación en casetas prefabricadas de formigón, o nº 1 de 400 kVA e o nº 2 de 630 kVA e tensións de 20/0,400-0,230 kV. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 27 de agosto de 2004.

Francisco X. Fernández Naval

Delegado provincial da Coruña en funcións