DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Touriñán IV (Serra do Moncoso), nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga (A Coruña), promovido pola empresa Eólicos Touriñán, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 10 de novembro de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Touriñán IV (Serra do Moncoso), nos concellos de Monfero, Irixoa e Aranga (A Coruña), promovido pola empresa Eólicos Touriñán, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Con data do 22 de xaneiro de 2004 recíbese na Consellería de Medio Ambiente, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, un escrito

do promotor no que sinala un erro na transcrición das coordenadas UTM dos aeroxeradores 14, 15 e 21 no documento ampliación estudo de impacto ambiental. Parque Eólico Touriñán IV, no que se baseou a modificación con data do 10 de novembro de 2003 da declaración de impacto ambiental do parque eólico de referencia.

O dito escrito vén acompañado dun novo plano que incorpora a táboa das coordenadas UTM dos aeroxeradores debidamente corrixida e no que se pode observar que a posición dos citados aeroxeradores 14, 15 e 21 non varía fisicamente respecto da reflectida no plano que se empregou como base para efectuar a citada modificación da declaración.

En consecuencia, cómpre efectuar a corrección das coordenadas UTM dos aeroxeradores 14, 15 e 21 que figuran na modificación da DIA con data do 10 de novembro de 2003, substituíndoas polas seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

14582.4424.792.677

15582.3744.792.440

21581.9444.790.865