DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de agosto de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/286).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. Anxeriz.

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, de 70 m de lonxitude, coa orixe na L.M.T.S. existente O Milladoiro, entre C.T. R. de Castro nº 8 e o C.T. Muíño Vello, e final no C.T. proxectado, con condutor R.H.V. 12/20 kV-3(1x240) mm Al.

Centro de transformación non prefabricado, de 630 kVA de potencia, e relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de agosto de 2004.

Francisco X. Fernández Naval

Delegado provincial da Coruña en funcións