Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T.A. en núcleo urbano de Negreira.
Situación: Negreira.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, de 520 m de lonxitude, en condutor R.H.V. de 240 mm Al, que parte das inmediacións do C.T. Nelson Mandela, pasando por este, e final no C.T. Campos.
Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, de 195 m de lonxitude, en condutor R.H.V. 150 mm Al, que parte do C.T. Campos, e finaliza na L.M.T.S. existente ao C.T. ETAP. Concello de Negreira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 23 de agosto de 2004.
Francisco X. Fernández Naval
Delegado provincial da Coruña en funcións