Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Río Dubra, 2.
Situación: Val do Dubra.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, de 175 m de lonxitude, coa orixe na alimentación en punta desde a L.M.T. Bargo-Fecha-SCY804 ao C.T. Arcay (expediente 51758), e final no C.T.C. que hai que instalar, con condutor R.H.V. 12/20 kV-3(1x240) mm Al.
Centro de transformación de 250 kVA, e relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV. Concello de Val do Dubra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 23 de agosto de 2004.
Francisco X. Fernández Naval
Delegado provincial da Coruña en funcións