Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercia
lización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento L.M.T.S., C.T.C. Espírito Santo.
Situación: Sada.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, de 10 m de lonxitude, coa orixe na L.M.T.S. existente en obra a C.T. Espírito Santo, de SMC-704 liña Fontedouro-As Pedridas, con condutor R.H.V. 12/20 kV-3(1x95) Al.
Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, e relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV. Concello de Sada.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 23 de agosto de 2004.
Francisco X. Fernández Naval
Delegado provincial da Coruña en funcións