Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. r/ Parque (2ª fase de urbanización).
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, de 334 m de lonxitude, coa orixe na L.M.T.S. GRN 740 de alimentación ao C.T. urb. Vallehermoso, e final no C.T. proxectado; en condutor R.H.V.
Centro de transformación non prefabricado no baixo dun edificio de vivendas, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 23 de agosto de 2004.
Francisco X. Fernández Naval
Delegado provincial da Coruña en funcións