DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2004 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para o acondicionamento e mellora da praza do Mosteiro de Aciveiro en Forcarei (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 04-01-Forcarei.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento e mellora da praza do Mosteiro de Aciveiro en Forcarei (Pontevedra).

b) División por lotes e números: non hai.

c) Lugar de execución: Forcarei (Pontevedra).

d) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos vinte e nove mil trescentos corenta e sete euros con trinta e seis céntimos (229.347,36 euros).

5. Garantía definitiva.

Exixirase unha fianza definitiva de nove mil cento setenta e tres euros con oitenta e nove céntimos (9.173,89 euros), segundo a letra J do cadro de características.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

e) Telefax: 981 58 89 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: vinte e seis (26) días contados a partir do seguinte a aquel en que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O custo total para adquirir a copia de toda a documentación ascende a trece euros con once céntimos (13,11 euros) (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo k, subgrupo 7, categoría d).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e finan

ceira acreditarase a través de calquera dos seguintes medios previstos no artigo 16 do TRLCAP, e segundo se relaciona no punto 2.1.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: ver punto 2.1.2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días contados a partir do seguinte a aquel en que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral.

1. Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

2. Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes.

Oferta base: axustarase ao proxecto, non se admite ningunha modificación, agás o prezo.

Oferta variante: admitirase modificar o prazo.

9. Apertura das ofertas: en acto público, na sala de xuntas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: décimo (10º) día, hábil que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: ás 11.00 horas.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario (custo máximo estimativo por liña: 9,75 euros).

12. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: (www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4417.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2004.

P.D. (Orde 6-3-2003; DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda