DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.446

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (365/2004-A).

Eu, Luis Fernández-Ayala Carreira, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 365/2004-A, seguidos por instancia de María Esther de la Viudad González contra a empresa Tec. Aislamiento Norte, S.L., sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, ditou sentenza, con data do 29 de xullo de 2004, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por María Esther de la Viudad González, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a cantidade de 1.058,58 euros polos conceptos que se expresan

no feito probado segundo desta resolución e en tal sentido debo condenar e condeno a empresa Tec. Aislamiento Norte, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe á demandante a cantidade de 1.050,58 euros en concepto de salarios e liquidación. E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ao ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ao anunciar o recurso, ao ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Tec. Aislamiento Norte, S.L., que tivo o seu último domicilio coñecido en Nostial, Naves La Artística, nº 6 da Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de xullo de 2004.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA