DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.445

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (217/2004-SU).

Procedemento: proposta de adopción número 217/2004-SU.

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe:

Que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 217/2004, acordouse a citación de Ana de Blas Pereda, mediante publicación da seguinte:

Cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 217/2004, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Ana de Blas Pereda, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día quince de outubro ás 9.45 horas, compareza

neste xulgado para práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non verificalo, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Na Coruña o 1 de setembro de 2004.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido a presente cédula que asino na Coruña o un de setembro de dous mil catro.

A secretaria

Rubricado