DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.445

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (1098/2003-SU).

Procedemento: proposta de adopción número 1098/2003-SU.

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe, que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 1098/2003-SU, acordouse a citación de Clotilde Martínez Rañales e de Luis Manuel Granja Gil, mediante publicación da seguinte:

«Cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 1098/2003-SU, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Clotilde Martínez Rañales e a Luis Manuel Granja Gil, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día quince de outubro ás 9.45 horas, compareza neste xulgado para práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non verificalo, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Na Coruña o un de setembro de dous mil catro».

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido o presente edicto que asino na Coruña o un de setembro de dous mil catro.

A secretaria

Rubricado