DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.431

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se resolve a adxudicación de destino provisional, para o próximo curso académico 2004/2005, en determinadas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Por Resolución do 2 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Persoal, ditáronse normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2004/2005, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que

non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resoltas as reclamacións producidas á resolución provisional, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino provisional para o curso académico 2004-2005 aos profesores que figuran no anexo desta resolución nos centros e especialidades que nel se especifican.

Segundo.-A toma de posesión dos destinos adxudicados será con efectividade do 1 de outubro de 2004.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2004.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal