DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2004 pola que se convoca un curso sobre transportes.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso sobre transportes, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Actualizar os membros dos corpos de policía local nos coñecementos e normativa necesarios que lles poidan ser útiles no desempeño posterior do seu labor profesional.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de outubro de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servizo de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33, avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 18 ao 22 de outubro de 2004.

O horario será das 16.30 ás 20.30 horas.

Contido.

Módulo I: ámbito e normativa de aplicación.

Módulo II: transporte de mercadorías perigosas.

Módulo III: aparello de control tacógrafo.

Módulo IV: prestación de servizos: transporte escolar, mercadorías perecedoiras, taxis, etc.

Módulo V: práctica de inspección e procedemento sancionador. Documentos de control.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o mesmo día 15 de outubro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Bergondo, nas aulas da Deputación Provincial do Pazo de Mariñán.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de setembro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade