DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.381

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de setembro de 2004 pola que se modifica a Orde do 27 de xullo de 2000, sobre o desenvolvemento da xestión orzamentaria e contabilización dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital.

Determinadas sociedades públicas autonómicas desenvolven a súa actividade a través de programacións cun período de realización que se difire varios exercicios económicos. Unha adecuada xestión orzamentaria dos recursos asignados a tales programas exixe que o recoñecemento dos dereitos en favor das sociedades públicas estea en consonancia co nivel de compromisos adquiridos, máis que co de execución do gasto.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.

Engádese unha disposición adicional terceira na Orde do 27 de xullo de 2000 sobre o desenvolvemento da xestión orzamentaria e contabilización dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital, coa seguinte redacción:

«Terceira.-O conselleiro de Economía e Facenda, logo de petición motivada, determinará, naquelas sociedades públicas en que, polas especiais características da actividade desenvolvida, o gasto executado sexa diferido a varios exercicios económicos, o momento do recoñecemento de dereitos en favor da sociedade e da obriga correspondente na consellería a que estea adscrita».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA