DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 30 de setembro de 2004 Páx. 13.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de agosto de 2004 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Protocolo Operativo en Trastornos de la Alimentación del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada polo Servizo Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2004.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Protocolo Operativo en Trastornos de la Alimentación del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago: 20 euros.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA