DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 30 de setembro de 2004 Páx. 13.330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 24 de setembro de 2004 pola que se modifica o importe do crédito destinado ás accións convocadas nos anexos I, II e III da orde da mesma consellería do 13 de maio de 2004, Diario Oficial de Galicia do 20 de maio.

Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 13 de maio de 2004, (DOG do 20 de maio), convócanse as bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica para o ano 2004 e actualízanse as bases correspondentes, aprobadas pola Orde do 15 de xullo de 2002 (DOG do 24 de xullo).

No seu punto primeiro, establécese o prazo de presentación de solicitudes así como os créditos destinados a elas e prevese a posibilidade de incremento dos mesmos, en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Na súa virtude, e polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Ampliar en cen mil euros (100.000 A) o crédito destinado, na anualidade 2005, ás accións convocadas nos anexos I, II e III da orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 13 de maio de 2004.

O importe total dos compromisos de gastos futuros (exercicio 2005) ascende, como consecuencia desta ampliación, a un máximo dun millón novecentos setenta mil euros (1.970.000 A) que se financian con cargo á aplicación orzamentaria 08.05.432A.480.0.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO