DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 29 de setembro de 2004 Páx. 13.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2004 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas no primeiro semestre de 2004, ao abeiro das bases reguladoras das axudas para proxectos empresariais de investimento que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Mediante Resolución do 13 de xullo de 2001 fixéronse públicas as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento (DOG nº 142, do 23 de xullo). As ditas bases desenvolven o conxunto de actuacións destinadas a incentivar proxectos de investimento.

A finalidade das axudas é incentivar proxectos de investimento, os ditos proxectos serán financiados con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.02.10.01.01.656700 e 02.02.10.02.01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ao abeiro das ditas bases, asináronse, con data do 17 de outubro de 2001, un convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, a Consellería de Economía e Facenda e o Igape para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada (Resolución do 7 de novembro de 2001, DOG nº 220, do 14 de novembro) e, con data do 28 de marzo de 2003, un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia (Resolución do 28 de marzo de 2003, DOG nº 63, do 31 de marzo).

A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destes convenios é, por unha banda, incentivar a creación de residencias de maiores asistidos de promoción privada, as que serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.10.03.01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica, e por outra, incentivar proxectos de investimento que promovan a protección e mellora

ambiental e contribúan ao desenvolvemento sustentable, as que serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 02.02.10.03.02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

A base 17ª das bases reguladoras das axudas para proxectos empresariais de investimento establece que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlles publicidade ás relacións de beneficiarios, que figuran como anexos I, II e III, das axudas concedidas no primeiro semestre de 2004

daqueles proxectos que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable, ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento, do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, a Consellería de Economía e Facenda e o Igape para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada e do convenio de colaboración entre o Igape e a Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha de medidas de apoio a proxectos ambientais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de

Promoción Económica

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA