DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 29 de setembro de 2004 Páx. 13.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2004 pola que se modifica a Resolución do 26 de novembro de 2003 pola que se convocan axudas ás corporacións locais para programas específicos que contribúan á defensa, protección e promoción dos intereses dos consumidores e usuarios para o ano 2004.

A convocatoria destas axudas adecúase ao establecido na Orde do 11 de marzo de 2002, modificada pola Orde do 18 de novembro de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de industria, enerxía minaría, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo, anexo XIV (DOG nº 55, do 18 de marzo).

Ante a insuficiencia de dotación inicial e co fin de atender a totalidade de solicitudes presentadas en tempo e forma, procede incrementar o crédito inicial.

En virtude disto, e de conformidade cos artigos 24 e seguintes do Estatuto galego do consumidor e usuario, e o capítulo II do Decreto 185/1994, do 16 de xuño, sobre información e orientación ao consumidor e usuario,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a Resolución do 26 de novembro de 2003 pola que se convocan axudas ás corporacións locais para programas específicos que contribúan á defensa, protección e promoción dos intereses dos consumidores e usuarios para o ano 2004. A modificación consistirá en ampliar o crédito de 118.291 euros a 122.031,06 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.50.343A.760.0 do Instituto Galego de Consumo.

A citada modificación non afectará de ningún xeito ao prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2004.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo