DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 29 de setembro de 2004 Páx. 13.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 23 de setembro de 2004 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Normativa galega sobre medio ambiente.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería Normativa galega sobre medio ambiente, ao prezo de 25,32 A.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente