DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 28 de setembro de 2004 Páx. 13.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 15 de setembro de 2004 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 13 de maio de 2004 (BOE do 24 de maio), de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o decreto da Xunta de Galicia 226/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os notarios que deseguido se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-María Dulce N. Gómez Rodríguez-Quintero, notaria de Sabadell-1ª para a Notaría de Ourense.

-Antonio López-Calderón Vázquez, notario de Ourense-1ª para a Notaría de Lugo.

-Montserrat Trigo Mayor, notaria de Quiroga-3ª para a Notaría de Castro de Rei (Lugo).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2004.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local