DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 28 de setembro de 2004 Páx. 13.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 22 de setembro de 2004 pola que se adianta a data inicial do prazo para o aboamento das axudas directas comunitarias a produtores no sector lácteo, reguladas na Orde do 23 de abril de 2004.

A orde desta consellería, do 23 de abril de 2004, (DOG nº 79, do 26 de abril), estableceu na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa complementaria para a solicitude, tramitación, resolución e pagamento, para o ano 2004, de determinadas axu

das directas comunitarias a produtores no sector lácteo, conforme o previsto nos regulamentos (CE) 1782/2003, do Consello, do 29 de setembro e 2237/2003, da Comisión, do 23 de decembro, así como no marco básico estatal recollido no Real decreto 543/2004, do 13 de abril.

Mediante o Regulamento (CE) 1540/2004, da Comisión, do 27 de agosto, estableceuse unha excepción ao disposto no Regulamento (CE) 1782/2003, no que respecta ao comenzo do período de aboamento da prima por produtos lácteos e dos pagamentos adicionais.

Dando cumprimento ao disposto no dito Regulamento, a Orde do MAPA, do 14 de setembro de 2004 (BOE nº 224, do 16 de setembro), modifica para o ano 2004 determinadas datas e prazos previstos no Real decreto 543/2004, polo que cómpre modificar a Orde do 23 de abril de 2004, adecuándoa ao previsto nesa normativa co adianto da data inicial do pagamento desas axudas directas comunitarias a produtores do sector lácteo.

En consecuencia, de acordo do disposto no artigo 30.I.3 do EAG e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e no Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, modificado polo 161/2003, do 13 de febreiro e polo Decreto 141/2004, do 1 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo único.-A data inicial do prazo para o pagamento de determinadas axudas directas comunitarias a produtores no sector lácteo, establecida no artigo 13.2º da Orde do 23 de abril de 2004, adiántase ao 16 de outubro de 2004.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural