DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 28 de setembro de 2004 Páx. 13.204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de setembro de 2004 pola que se modifica a Orde do 5 de xullo de 2004, pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 9 de decembro de 2003, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para fomentar o uso social da lingua galega.

Téndose producido renuncias ás subvencións concedidas na Orde do 5 de xullo de 2004 (DOG do 14 de xullo), pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 9 de decembro de 2003 (DOG do 22 de decembro) que regula a concesión de subvencións a empresas privadas para fomentar o uso social da lingua galega, e vista a proposta formulada pola comisión constituída ao abeiro do artigo 4 da devandita orde, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A aceptación das renuncias ás subvencións concedidas na contía que se indica aos proxectos relacionados no anexo I.

Artigo 2º

A concesión de axudas polo importe que se especifica aos proxectos relacionados no anexo II, someténdoas á condición suspensiva de que os interesados completen correctamente as deficiencias observadas

nos seus expedientes de acordo co establecido na Orde do 9 de decembro de 2003.

Artigo 3º

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Nº EXPEDIENTESOLICITANTEOBXECTO DA SUBVENCIÓNIMPORTE

2004/0000044-0ADEXOTA, S.L.L.CAMPAÑA PUBLICITARIA, PÁXINA WEB 826

2004/00000334-0AINEL, AUTOMÁTICA, INFORMÁTICA Y ELECT., S.L.PORTAL WEB1.135

2004/00000466-0ZAGORA AVENTURA, S.L.PÁXINA WEB, BOLSAS, ETIQUETAXE 619

ANEXO II

Nº EXPEDIENTESOLICITANTEOBXECTO DA SUBVENCIÓNIMPORTE

2004/00000134-0CARPINTERÍA ANTONIO CANEDA E HIJOS, S.L.DOCUMENTACIÓN, ROTULACIÓN, CATÁLOGOS E PUBLICIDADE1.548

2004/00000660-0BARTUMEU LÓPEZ, S.L.CAMPAÑA PUBLICITARIA1.032

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL