DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 27 de setembro de 2004 Páx. 13.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

ANUNCIO do 15 de setembro de 2004 de convocatoria de axudas de acción social para o persoal deste consello para o exercicio 2004.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na reunión do 6 de xullo de 2004, aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2004. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, quedando aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2004.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia