DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 27 de setembro de 2004 Páx. 13.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de setembro de 2004 pola que se amplía o prazo para a presentación de solicitudes, ao abeiro da Orde do 15 de xuño de 2004, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan incentivos ás familias para a conciliación da vida laboral e familiar.

A Orde do 15 de xuño de 2004 (DOG nº 144, do 27 de xullo) desenvolve, por primeira vez na comunidade autónoma, esta liña de axudas. Debido á novidade que presenta este programa e á necesidade de que os potenciais beneficiarios obteñan a información necesaria para se poderen acoller a este tipo de axudas, así como as datas de publicación no DOG, considérase oportuno ampliar o prazo de presentación de solicitudes, para acadar a efectividade da medida.

De acordo con todo o anterior, e no exercicio das facultades que me confiere o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliación do prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro da Orde do 15 de xuño pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2004 incentivos ás familias para a conciliación da vida laboral e familiar (DOG número 144, do 27 de xullo) amplíase ata o 13 de outubro de 2004.

Na súa consecuencia, queda modificada a mención ao dito prazo recollido na disposición adicional sexta da Orde do 15 de xuño, que debe entenderse referida ao 13 de outubro de 2004.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais