DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 27 de setembro de 2004 Páx. 13.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se adxudica a bolsa para persoal auxiliar de investigación mariña (técnicos especialistas en FP II e ciclos formativos de grao superior) correspondentes ao programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, convocadas no anexo I da Orde do 21 de xuño de 2004.

A orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 21 de xuño de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño) aprobaba as bases para a convocatoria dunha bolsa para completar a formación de técnicos especialistas en FP II e ciclos formativos de grao superior dentro do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Na base 8 punto 2 do anexo I, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión designados pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro e polo director xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, de conformidade co disposto na base 9 da orde de convocatoria

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder a bolsa para completar a formación de técnicos especialistas en FP II e técnicos superiores como persoal auxiliar de investigación mariña, á persoa que se establece no anexo I desta resolución.

Segundo.-No caso de producirse a renuncia a bolsa á que se refire o anexo I desta resolución, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro procederá, se é o caso, a adxudicarlle a dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo II desta resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na Orde de convocatoria do 21 de xuño de 2004 (DOG do 25 de xuño), suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2004.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO I

Bolsas para completar a formación de técnicos especialistas en FP II e ciclos formativos de grao superior.

Adxudicataria:-Rábade Uberos, Sonia (DNI 36097327-T).

ANEXO II

Bolsa para completar a formación de técnicos especialistas en FP II e ciclos formativos de grao superior.

Suplentes:-Salgado Pardo, Ledicia (DNI 32835874-Q).-Rial Conde, Diego (DNI 36147567-P).-Gestoso García, Ignacio José (DNI 36120191-W).-Souto Rodríguez, Mª Olga (DNI 76908272-K).-Vieito Raña, Sara (DNI 44847283-C).-Ruíz Rodríguez, Rebeca (DNI 36146379-Q).-González Castro, Echaveli (DNI 34637834-H).