DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 23 de setembro de 2004 Páx. 13.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2004, da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se notifica a Resolución do 10 de agosto de 2004 pola que se valida a resolución ditada polo secretario xeral da consellería con data do 22 de outubro de 1996.

Por resultar infrutuosa a notificación intentada polo servizo de correos, e de conformidade co disposto nos artigos 58 e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á interesada, cos datos persoais e o último domicilio coñecido que figuran no anexo, que o secretario xeral, por delegación do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en virtude da Orde do 19 de setembro de 2003, con data do 10 de agosto de 2004,

RESOLVEU:

Validar a resolución ditada polo secretario xeral da consellería do 22 de outubro de 1996, por delegación do conselleiro en virtude da Orde do 13 de decembro de 1993 (DOG do 14 de decembro), esti

matoria parcial do recurso interposto por María Josefa Ron Morales contra a Resolución do 22 de novembro de 1993 acordada pola Dirección Xeral de Estruturas e Desenvolvemento Rural en materia de concentración parcelaria.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, situada en San Caetano s/n, CP 15704, de Santiago de Compostela.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ante o órgano xurisdicional competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2004.

José Antonio Martínez Carro

Vicesecretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: acordo de concentración parcelaria da zona de Santa María Maior (Mondoñedo-Lugo).

Interesada: Universo Pertega Barreira.

Último enderezo coñecido: Soutoxuane, Santa Mª Maior, 27740 Mondoñedo (Lugo).