DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 23 de setembro de 2004 Páx. 13.066

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

DECRETO 214/2004, do 9 de setembro, polo que se acordan as cesións en propiedade, a título gratuíto, dos predios número 298, 784, 2.484-1, 2.963, 3.007 e 3.008, da zona de concentración parcelaria de Lourenzá norte e sur (Lourenzá).

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

O Concello de Lourenzá solicitou a cesión en propiedade de seis inmobles situados no seu termo municipal, os predios sobrantes nº 298 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá norte (Lourenzá-Lugo) e 784, 2.484-1, 2.963, 3.007 e 3.008 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 31 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia.

Por orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 30 de xuño de 2004 (DOG nº 142, do 23 de xullo) declarouse a alienabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de setembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse a cesión en propiedade, a título gratuíto, a favor do Concello de Lourenzá sur, dos seguintes bens inmobles:

1. Predio nº 298 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá norte, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Guildán, que ten unha superficie de 4.815 m, que estrema: norte, estrada; sur, río; leste, río Masma; oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 696, libro 82, folio 111, predio nº 9.339.

2. Predio nº 784 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Santar, que ten unha superficie de 3.075 m, que estrema: norte, concello de Lourenzá (785) e camiño; sur, Josefa Asunción Centeno Oural (782); leste, concello de Lourenzá (785) e Áurea Gayoso Marful (786); oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 743, libro 100, folio 115, predio nº 13.343.

3. Predio nº 2.484-1 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, regadío e sequeiro no sitio de Pombal, que ten unha superficie de 4.480 m, que estrema: norte, Fernando Seco Carballal (2.488), construción e camiño; sur, María Fernández Iglesias (2.484-2), outros propietarios (números 2.490, 2.491, 2.492 e 2.493), construción e zona excluída; leste, Fernando Seco Carballal (2.488), Igrexa Católica (2.489), María Bahamonde Granda (2.491), camiño e zona excluída; oeste, Delfina Andía Varea (2.494) rego no medio, camiño rego no medio en parte, María Fernández Iglesias (2.484-2) e construción. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 743, libro 100, folio 108, predio nº 13.336.

4. Predio nº 2.963 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, regadío e sequeiro no sitio de prados da Fonte, que ten unha superficie de 2.300 m, que estrema: norte, Manuel Pérez Barreira (2.965) e Antonio Díaz Ferreiro e outro (2.967); sur, construción e camiño; leste, Josefa Rodríguez Bouso (2.964), Manuel Pérez Barreira (2.965) e Antonio Díaz Ferreiro e outro (2.967); oeste, Igrexa Católica (2.966) e camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 742, libro 100, folio 8, predio nº 13.236.

5. Predio nº 3.007 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Pumarega, que ten unha superficie de 200 m, que estrema: norte, camiño; sur, Igrexa Católica (3.010); leste, camiño; oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 743, libro 99, folio 207, predio nº 13.210.

6. Predio nº 3.008 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Pumarega, que ten unha superficie de 2.440 m, que estrema: norte, camiño; sur, camiño; leste, Igrexa Católica (3.009); oeste, camiño, inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 742, libro 99, folio 208, predio nº 13.211.

Artigo 2º

A cesión en propiedade relacionada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os fins das cesións serán a adicación dos predios nº 298, 784, 2.484-1, 2.963, 3.007 e 3.008 a fins e servizos de interese socio-cultural.

b) Se os bens cedidos non se aplicarán ao fin sinalado dentro do prazo dun ano, contado desde o outorgamento das respectivas escrituras públicas, ou deixasen de estalo con posterioridade, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebranto, ou se incumprisen as condicións do acordo, consideraranse resoltas as cesións e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do Regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

c) As cesións formalizaranse mediante escrituras públicas, debendo constar nelas os acordos de cesión e as aceptacións do cesionario, sendo os custos de outorgamento de conta do cesionario, así como os impostos derivados da transmisión, incluído se o houbese o de incremento de valor de terreos.

Disposición derradeira

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a través da Secretaría Xeral, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, nove de setembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural