DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 22 de setembro de 2004 Páx. 13.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2004 pola que se convoca un curso de atestados e investigación de accidentes de tráfico.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Lugo, anúnciase a celebración dun curso de atestados e investigación de accidentes de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Afondar na elaboración do atestado policial, na temática relacionada co tráfico e os accidentes.

-Coñecer a metodoloxía aplicable na investigación e reconstrución de accidentes de tráfico.

-Dominar os distintos aspectos que abarca a instrución e confección do informe técnico e a súa presentación e defensa ante os xulgados.

-Saber actuar ante problemáticas derivadas dos seguros.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia de Lugo.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 8 de outubro de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Lugo, Área de Formación (fax: 982 26 01 69: rúa San Marcos, nº 8, 27001 Lugo; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 13 ao 21 de outubro de 2004.

O horario será das 16.30 ás 20.45 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, e nel trataranse os seguintes módulos:

-O atestado nos delitos relacionados co tráfico. Dilixencias que o integran segundo o caso.

-O atestado por accidente de tráfico.

-A investigación de accidentes: concepto e fases; factores que interveñen e metodoloxía que hai que seguir.

-Toma de datos: fotografías, medicións e bosquexo do lugar e dos elementos.

-Aplicación das teorías da física para os cálculos necesarios: velocidades, prestacións, deformacións, etc. Elaboración do informe técnico.

-Os seguros do automóbil: o seu control. Problemática con estranxeiros.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 11 de outubro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Lugo como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer

e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 982 26 00 64/982 26 00 65 (Área de Formación da Deputación Provincial de Lugo).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Vilalba, quedando por concretar o seu lugar de realización, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Lugo, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 14 de setembro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade