DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 22 de setembro de 2004 Páx. 13.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2004 pola que se convoca un curso sobre formatos, falsidade e alteracións fraudulentas dos documentos de condución e circulación.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre formatos, falsidade e alteracións fraudulentas dos documentos de condución e circulación, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Dotar os membros dos corpos de policía local dos coñecementos fundamentais en materia documental (formato, medidas de seguridade, validez, etc.), afondando nos relacionados coa condución e circulación de vehículos de motor e como complemento ás actividades relacionadas coa vixilancia do tráfico e o control policial.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local de Galicia e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e, no caso de quedaren prazas vacantes, aos membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

20.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de outubro de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n,

36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase durante os días 20, 21 e 22 de outubro de 2004.

O horario será das 10.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas durante os días 20 e 21; e das 9.00 ás 14.00 horas o día 22.

Contido.

-Documentos.

-Permisos nacionais e internacionais de condución.

-Documentos de circulación. Propiedade de vehículos.

-Elementos de identificación de vehículos.

-Falsificacións. Cotexos documentos dubitados e indubitados.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o mesmo día 18 de outubro, a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 14 de setembro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade