DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 21 de setembro de 2004 Páx. 12.972

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ANUNCIO do 9 de setembro de 2004 polo que se publica extracto de resolución de concesións de subvencións.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á publicación dun extracto das resolucións de subvencións concedidas ao abeiro das ordes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para o ano 2004, en materia de turismo:

-Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 26 de xaneiro de 2004 (DOG nº 22, do 3 de febreiro), pola que se anuncian subvencións para o fomento do turismo de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiario: Hotel Balneario Aguas Santas, S.L.

Crédito orzamentario: 10.05.651A.770.0.

Cantidade concedida: 4.610.347,18 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: creación dun balneario.

-Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 26 de xaneiro de 2004 (DOG nº 22, do 3 de febreiro), pola que se anuncian subvencións para o fomento do turismo de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiario: Os Baños da Brea, S.L.

Crédito orzamentario: 10.05.651A.770.0.

Cantidade concedida: 512.373,03 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: ampliación e mellora dun balneario.

-Norma reguladora: orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 30 de decembro de 2003 (DOG nº 7, do 13 de xaneiro de 2004), pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a creación de hoteis.

Beneficiario: Fontesacra, S.L.

Crédito orzamentario: 10.05.651A.770.2.

Cantidade concedida: 370.787,51 euros.

Finalidade da axuda ou subvención: creación dun hotel.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2004.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo