DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 17 de setembro de 2004 Páx. 12.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 213/2004, do 9 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción denominado mellora e apertura dos accesos ao polígono industrial do Salnés. Treito A Grenla (1ª fase). Clave PO/04/051.06.

Con data do 10 de agosto de 2004 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de construción denominado mellora e apertura dos accesos ao polígono industrial do Salnés. Treito A Grenla (1ª fase). Clave PO/04/051.06.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial, xa que actualmente o acceso ao polígono da Grenla é moi dificultoso debido a que a súa intersección coa estrada da deputación forma un ángulo moi agudo, o que dificulta a manobra de xiro dos camións e vehículos de transporte. Ademais o acceso desde a PO-300 entraña un gran perigo debido ao cambio de rasante existente na intersección das dúas estradas, o que dificulta a visibilidade da saída do polígono.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta, na súa reunión do día nove de setembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de construción denominado mellora e apertura dos accesos ao polígono industrial do Salnés. Treito A Grenla (1ª fase). Clave PO/04/051.06.

Santiago de Compostela, nove de setembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda