DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 16 de setembro de 2004 Páx. 12.809

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 211/2004, do 7 de setembro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste, (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia Mario Marugán Bravo en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de setembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente