DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 15 de setembro de 2004 Páx. 12.780

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de setembro de 2004 pola que se dispón que o secretario xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral da Función Pública.

Producido o cesamento da titular da Dirección Xeral da Función Pública, cómpre adoptar as medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servizo e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección Xeral da Función Pública, que figuran no Decreto 255/2003, do 8 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, modificado polo Decreto 281/2003, do 19 de xuño, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendados temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular, ao secretario xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública