DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 14 de setembro de 2004 Páx. 12.741

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de setembro de 2004 pola que se establece o procedemento específico de avaliación ou informe pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia para a contratación de persoal docente e investigador polas universidades de Galicia nos supostos de solicitantes pertencentes a corpos docentes universitarios ou que se atopen habilitados de acordo coa Lei orgánica 6/2001, de universidades.

As funcións de avaliación e informe das actividades docentes, investigadoras e de xestión, para a contratación de profesorado universitario, previstas tanto pola Lei orgánica 6/2001, de universidades, como polo Decreto autonómico 266/2002, do 6 de setembro, son atribuídas á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) dentro do ámbito da súa comunidade autónoma, pola Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, a través da súa disposición adicional vixésimo sétima.

De conformidade co disposto nestas disposicións, esta Comunidade Autónoma ditou o Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da xa citada Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, que establece o procedemento para a obtención dos informes e as avaliacións previas, para a contratación e progresión do profesorado universitario. Así mesmo establece, na súa disposición derradeira primeira, que os protocolos para avaliar ou emitir informe sobre as actividades docentes, investigadoras e de xestión dos profesores regularanse por orde, e autorízase na disposición derradeira segunda o conselleiro competente en materia universitaria, para ditar as disposicións necesarias de desenvolvemento ou aplicación deste decreto.

Mediante a Orde do 1 de abril de 2003, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicou os criterios xerais de avaliación da ACSUG para a contratación de persoal docente e investigador, e a través da Orde do 23 de xuño de 2004 pola que se aproba o protocolo de avaliación e informe para a contratación de profesorado polas universidades integrantes do sistema universitario de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo de 2004), publicáronse os baremos e o protocolo de avaliación e informe para a referida contratación.

Na presente orde vénse establecer un procedemento específico para os supostos nos que os solicitantes da avaliación ou informe pertenzan a corpos de funcionarios docentes universitarios ou se atopen habilitados de acordo co preceptuado na Lei orgánica de universidades e os criterios e os requisitos esta

blecidos pola axencia para a emisión de avaliación ou informe nestes supostos.

De conformidade co anteriormente situado e unha vez emitido informe do Consello de Dirección da axencia sobre o protocolo e o anexo establecidos por esta orde, esta consellería, facendo uso das atribucións que lle están conferidas na Lei/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e en virtude do establecido na disposición derradeira segunda do Decreto 270/2003, xa mencionado

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Pola presente orde establécese o procedemento que hai que seguir para a emisión de avaliación ou informe, por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), para os efectos de poder ser contratado como persoal docente e/ou investigador polas universidades galegas, de acordo coas previsións do Decreto 266/2002, de contratación de profesorado universitario, nalgunha das figuras previstas nos seus artigos 5, 6 e 7, ou ben no suposto que establece o artigo 72.2º da Lei orgánica 6/2001, de universidades, cando os solicitantes se atopen nalgún dos supostos relacionados no artigo 2.1º desta orde.

2. Ademais establécense os distintos requisitos e criterios que se terán en conta para a emisión das respectivas avaliacións e informes.

TÍTULO II

Procedemento aplicable

Artigo 2º.-Destinatarios.

1. Tramitaranse de conformidade co procedemento específico previsto neste título as solicitudes nas que os interesados se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:

a) Cando os interesados pertenzan ao corpo de catedráticos de universidade ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para o dito corpo e soliciten a avaliación para a contratación para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor e profesor de universidade privada, ou emisión de informe para a figura de profesor colaborador.

b) Cando os interesados pertenzan ao corpo de profesores titulares de universidade ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para o dito corpo e soliciten a avaliación

para a contratación para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor e profesor de universidade privada, ou emisión de informe para a figura de profesor colaborador.

c) Cando os interesados pertenzan ao corpo de catedráticos de escola universitaria ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para ese corpo e soliciten emisión de informe para a contratación para a figura de profesor colaborador, así como, cando ademais posúan o título de doutor, e soliciten a avaliación para a contratación para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor e profesor de universidade privada.

d) Cando os interesados pertenzan ao corpo de profesores titulares de escola universitaria ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para ese corpo e soliciten emisión de informe para a contratación para a figura de profesor colaborador, así como, cando ademais posúan o título de doutor, e soliciten a avaliación para a contratación para a figura de profesor axudante doutor.

2. Cando os interesados pertenzan a corpos de funcionarios docentes universitarios ou se atopen habilitados de acordo co establecido na Lei orgánica 6/2001, de universidades, pero concorran circunstancias distintas ás establecidas no punto anterior, as correspondentes solicitudes presentaranse e tramitaranse de acordo co procedemento establecido na Orde do 23 de xuño de 2004 pola que se aproba o protocolo de avaliación e informe para a contratación de profesorado polas universidades integrantes do sistema universitario de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo de 2004).

Artigo 3º.-Presentación da solicitude e documentación.

1. A solicitude presentarase ante a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

2. Xunto coa solicitude, para que esta sexa admitida a trámite, deberase xuntar un certificado que acredite a condición de funcionario docente universitario ou a situación administrativa e académica de atoparse habilitado, de acordo co establecido na Lei orgánica de universidades. Do mesmo xeito, cando o interesado pertenza, ben ao corpo de catedráticos de escola universitaria ou se atope habilitado para o dito corpo, e solicite a avaliación para as figuras de profesor contratado doutor, profesor axudante doutor ou profesor de universidade privada, ou ben ao corpo de profesores titulares de escola universitaria e solicite a avaliación para a figura de axudante doutor, deberá xustificar que se atopa en posesión do grao de doutor.

3. As demais cuestións relativas aos requisitos formais das solicitudes: número de copias, cotexo da documentación, formato de presentación desta, etc., estableceranse ad hoc nas respectivas convocatorias que se fagan para o efecto.

Artigo 4º.-Emisión dos informes e avaliacións.

1. A Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), creada polo Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, emitirá unha proposta motivada de informe ou avaliación de cada unha das solicitudes que fosen admitidas a trámite. Estas propostas motivadas serán vinculantes para o Consello de Dirección da ACSUG, que de conformidade con elas, adoptará os correspondentes acordos.

2. Os acordos do Consello de Dirección ditaranse de conformidade co establecido no artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e serán notificados a cada solicitante, persoal e directamente, no prazo máximo dos seis meses seguintes á presentación da solicitude.

Artigo 5º.-Recurso.

Os acordos do Consello de Dirección esgotan a vía administrativa polo que de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992 poderán ser recorridos en reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou ser impugnados directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 6º.-Criterios para a emisión de avaliación ou informe.

A Comisión Galega de Informes, Avaliación e Certificación, para a emisión das avaliacións e informes solicitados polos interesados, cando estes estean incluídos nalgún dos supostos recollidos no artigo 2 desta orde, adoptará os criterios que se establecen no anexo.

Artigo 7º.-Efectos da avaliación ou informe.

Os informes favorables ou as avaliacións positivas non teñen prazo de caducidade unha vez obtidos, e terán validez para as universidades integrantes do sistema universitario de Galicia ou as do sistema universitario doutra comunidade autónoma que teña subscrito un convenio previo coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Convocatoria.

O presidente da ACSUG, escoitado o Consello de Dirección, convocará mediante resolución a apertura do prazo para a presentación de solicitudes de ava

liación ou informe para a contratación de profesorado polas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia. Farase unha convocatoria anual ordinaria, sen prexuízo de que poidan facerse as convocatorias extraordinarias que se consideren oportunas.

As convocatorias serán publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións derradeiras

Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Criterios xerais de avaliación

1. A pertenza ao corpo de catedráticos de universidade ou a situación administrativa e académica de atoparse habilitado para o dito corpo, de acordo co establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), determinará a avaliación positiva automática para a contratación para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor e profesor de universidade privada, así como a emisión automática de informe favorable para a contratación como profesor colaborador.

2. A pertenza ao corpo de profesores titulares de universidade ou a situación administrativa e académica de atoparse habilitado para ese corpo, de acordo co establecido na LOU, determinará a avaliación positiva automática para a contratación para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor e profesor de universidade privada, así como a emisión automática de informe favorable para a contratación como profesor colaborador.

3. A pertenza ao corpo de catedráticos de escola universitaria ou a situación administrativa e académica de atoparse habilitado para ese corpo, de acordo co establecido na LOU, determinará a emisión automática de informe favorable para a contratación como profesor colaborador. No caso de posuír o título de doutor levará consigo tamén a avaliación positiva automática para a contratación para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor e profesor de universidade privada.

4. A pertenza ao corpo de profesores titulares de escola universitaria ou a situación administrativa e académica de atoparse habilitado para ese corpo, de acordo co establecido na LOU, determinará a emisión automática de informe favorable para a con

tratación como profesor colaborador. No caso de posuír o título de doutor levará consigo tamén a avaliación positiva automática para a contratación para a figura de profesor axudante doutor.