DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 13 de setembro de 2004 Páx. 12.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias de panificación.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de Industrias de Panificación, con nº de código 3600785, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 2-7-2004, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Industrias de Panificación (Aproinpa), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 30-6-2004. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de xullo de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de industrias

de panificación da Provincia de Pontevedra

Anos 2004 e 2005

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, comprendendo todas as industrias e traballadores/as que se rexan pola Regulamentación estatal de traballo de panadarías, normativa laboral subsidiariamente aplicable en todo o non previsto neste convenio.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor aos dez días da súa sinatura, sen prexuízo da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ao 1 de xaneiro de 2004.

O presente convenio terá unha duración de dous anos; os seus efectos finalizarán o día 31 de decembro de 2005, prorrogándose automaticamente por anualidades no caso de non mediar denuncia das partes cunha antelación de tres meses polo menos, ao termo da súa vixencia. Esta denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Retribucións.

As retribucións salariais son as que para cada categoría profesional se fixan na táboa salarial anexa, as cales se calcularon conforme un incremento do 2,25% para o exercicio de 2004. Unha vez coñecido o IPC real do ano 2004, se este superase o IPC previsto polo Goberno (2%), a diferencia do que exceda este porcentaxe, percibirase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de este ano.

Para o ano 2005, o incremento salarial será do IPC previsto máis o 0,5%.

Unha vez coñecido o IPC real do ano 2005, se este superase o previsto polo Goberno, a diferencia do que exceda esta porcentaxe, percebirase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de este ano.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Co fin de fomentar a vinculación coa respectiva empresa do persoal que actúe na industria panadeira, establécense aumentos periódicos por tempo de servizos dentro da propia empresa para todo o persoal afectado pola regulamentación, nas seguintes proporcións: dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre a retribución base.

Para o cómputo da antigüidade para os efectos dos aumentos periódicos, terase en conta a totalidade dos anos en servizos prestados dentro da empresa, calquera que sexa a categoría ou grupo profesional no que o traballador ou traballadora se encontre encadrado, se ben o dito cómputo, para estes efectos, se iniciará desde a entrada en vigor da Regulamentación de traballo (Orde do 20 de agosto de 1968, BOE do 9 de setembro).

Os traballadores e traballadoras que ascenden de categoría ou cambian de grupo percibirán sobre o salario base daquela categoría a que incorporen os aumentos periódicos por antigüidade que lles correspondan, de conformidade co precedente, calculados todos eles sobre o novo salario base.

Artigo 5º.-Licenzas e permisos.

As licenzas e permisos que a empresa poderá conceder aos traballadores e traballadoras serán os que se recollen no cadro de licenzas, ausencias e facilidades concedidas ao persoal, recollido no anexo II deste convenio.

A empresa concederá licenza non retribuída durante un día, como máximo, ao ano, sempre que se solicite con tres días de antelación, como mínimo, antes da data do seu aproveitamento e non concorra a solicitude e licenza coa doutro traballador ou traballadora da mesma sección ou departamento.

Artigo 6º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ao desfrute dunhas vacacións anuais de trinta días naturais.

Artigo 7º.-Xornada e descansos.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que se distribuirán desde as 0.00 horas do luns ata as 22.00 horas do sábado.

Todo o persoal descansará, en cumprimento do establecido no artigo 37.1º do Estatuto dos traballadores, os domingos e festivos, e ademais gozarán dun día de descanso durante a semana.

Segundo se dispón no laudo arbitral do 2 de xaneiro de 1998 (AGA 2319/97), as empresas incluídas dentro do ámbito de aplicación do convenio colectivo provincial de industrias de panificación da provincia de Pontevedra, teñen a facultade de proceder á apertura en domingo. O persoal terá dereito, como míni

mo, ao descanso semanal de dous domingos cada mes, gozando de forma alterna con respecto aos outros días de descanso semanal en cada mes natural substitutivos do domingo, e percibindo un complemento de prestación de servizo en domingo do 100% do salario diario ordinario, incluíndo todos os conceptos.

Entran nesta obrigatoriedade do cumprimento deste artigo todas as panadarías da provincia, sen ningunha excepción.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias de xullo, Nadal e San Honorato, consistirán nunha mensualidade de salario realmente percibido para cada unha delas; isto é, o termo medio dos incentivos percibidos no último trimestre inmediatamente anterior ao mes do seu pagamento.

Artigo 9º.-Complemento de transporte.

Establécese para todo o persoal un complemento de transporte na contía de 3,46 A por día de traballo efectivo.

Artigo 10º.-Retribución en especie.

Ademais da remuneración en metálico, e sen que se compute como salario, todo o persoal recibirá 1 kg de pan cada día de traballo, así como os descansos semanais, días de festa non recuperables, días de vacacións e días en situación de IT, que deberá ser de calquera das pezas comerciais que a empresa fabrique e nunca elaborado especialmente para o persoal.

O valor deste suplemento alimenticio non se computará para a determinación do salario en gratificacións, aumentos por antigüidade, nin para o fondo do complemento familiar.

Artigo 11º.-Aplicación máis favorable.

Os preceptos deste convenio, aplicaranse no sentido máis favorable para o traballador ou traballadora, sen que en ningún caso se menoscaben aquelas situacións máis beneficiosas que poidan existir por concesión graciable da empresa.

Artigo 12º.-Cesamentos.

O persoal afectado por este convenio, que se propoña cesar voluntariamente no servizo dunha empresa, terá que comunicalo ao xefe ou xefa desta, polo menos con quince días de anticipación á data na que se deixe de prestar servizo.

O incumprimento por parte do traballador ou traballadora da obriga de avisar coa indicada antelación, dará dereito á empresa a descontarlle da liquidación, o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.

Artigo 13º.-Complemento por IT.

No caso de incapacidade laboral transitoria, as empresas aboarán ao seu persoal o 100% do seu salario real (salario máis complementos), durante o tempo que dure a hospitalización da traballadora

ou traballador afectado, se fose necesaria aquela e previa xustificación.

As empresas tamén complementarán ata o citado importe as baixas de IT motivadas por accidente de traballo.

Nos demais supostos aboarase o subsidio de IT na súa contía legal.

Artigo 14º.-Festividade de San Honorato.

Establécese como festa do patrón, con carácter aboable e non recuperable, o día 16 de maio, festividade de San Honorato.

Artigo 15º.-Seguro de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio deberán subscribir no prazo de dous meses a partir da súa sinatura, unha póliza de seguro colectivo con primas íntegras ao seu cargo, que cubran as seguintes indemnizacións:

Accidente laboral ou común, con resultado de morte, invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez, por un capital de 15.025,30 A.

As indemnizacións faránselle efectivas á traballadora ou traballador afectado ou aos seus habentes causa.

Artigo 16º.-Cláusula de consolidación.

As distintas categorías profesionais con dereito ao complemento de semimecanizacion, integrárono no salario base, desaparecendo xa como tal concepto a partir da data de publicación deste convenio colectivo e pasando a formar parte da táboa salarial anexa.

Igualmente, suprímese o denominado complemento de iniciación de xornada, que deberán seguir percibindo aqueles traballadores contratados antes do 1 de xaneiro de 2003 e que realmente anticipen a xornada de traballo, percibindo por iso a cantidade de 2,74 euros por hora anticipada.

Debido a desaparición de determinadas categorías salariais, calificadas de obsoletas, consolídanse para aqueles traballadores que as tiveran e non atopasen asimilación nas novas, respectando os incrementos salariais que cada ano se foran producindo.

Artigo 17º.-Complemento retributivo en días festivos ou descansos.

A retribución nos supostos de realización de traballo en días de descanso, así como a retribución dos días festivos que se traballen ou se anticipe a súa produción, efectuarase aplicando ao módulo habitual de retribución (salario base, antigüidade, complemento de mecanización e anticipo de horas cando proceda), un coeficiente do 55% de incremento.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

Todas as empresas afectadas por este convenio están obrigadas a facilitar ao seu persoal, ao inicio de cada semestre natural, unha bata ou pantalón e chaqueta curta ou peza similar máis axeitada ao posto de traballo, sendo obrigatorio o seu uso.

Artigo 19º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal da empresa terá dereito a unha revisión médica anual, que se realizará, en calquera caso, por conta da empresa.

Artigo 20º.-Formación profesional.

As partes signatarias deste convenio acordan promover cantas accións sexan necesarias encamiñadas ao desenvolvemento e mellora da formación profesional do persoal.

No dito sentido, e como primeira decisión ao respecto, as empresas afectadas por este convenio comprométense a que as ensinanzas previstas como obrigatorias no Real decreto 1992/1984 para os contratos para a formación, poidan realizarse, mentres o dito centro de formación subsista, na escola de formación profesional existente na Asociación Provincial de Industriais de Panificación.

Así mesmo, os títulos e acreditacións que emita a dirección académica da escola de formación profesional en relación cos traballadores e traballadoras que nela se formen, terán o valor de certificado para os efectos do previsto no artigo 10 do Real decreto 1992/1984.

Artigo 21º.-Contratos de duración determinada (artigo 15.1º b) ET).

Para os efectos do disposto no Real decreto 2720/1998, Lei 12/2001, sobre contratos de duración determinada, cando os contratos se concerten para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, neste suposto a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 15 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses, este poderá ser prorrogado, de común acordo entre as partes, ata o tope máximo descrito.

Artigo 22º.-Comisión mixta do convenio.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado polas distintas partes neste convenio, crearase a comisión mixta de vixilancia ou interpretación, correspondendo a súa presidencia da comisión deliberadora do convenio ou persoa en quen delegue, e estará composta ademais por catro empresarios e igual número de traballadores ou traballadoras.

Esta comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadir as esferas privativas daqueles organismos e xurisdicións que teñan unha competencia determinada e concreta, recoñecida na normativa dos convenios colectivos.

Artigo 23º.-Negociación colectiva.

O texto do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de industria da panificación, é subscrito pola Asociación Provincial de Industrias de Panificación (Aproinpa) e polas centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega

(CIG), de conformidade co artigo 85, letra A, da Lei 8/1980, do 10 de marzo de 1980, do Estatuto dos traballadores.

Táboa salarial en vigor a partir do 1 de xaneiro

de 2004

Categoría profesional

Técnico/asSalarios
Xefe/a de fabricación703,77 A

Administrativos/asSalarios
Xefe/a de oficina611,97 A

Categoría profesional

Oficial administrativo552,24 A
Auxiliar administrativo520,21 A

Persoal de obradoiroEuros/día
Encargado/a21,04 A
Oficial artesán22,49 A
Oficial de pa21,04 A
Oficial de masa20,49 A
Oficial de mesa20,05 A
Amasador19,94 A
Axudante20,05 A
Aprendiz17,94 A

Servizos complementariosEuros/día
Autovenda/repartidor18,22 A
Vendedor/a demostrador/a de establecemento17,94 A
Persoal de limpeza17,94 A

Táboa de permisos e licenzas concedidos aos traballadores e traballoras

Motivos licenzaTempo máximoSalarioAntigüidadeAntic. xorn.Compl.

transp.

Compl.

volun.

Documento acreditativo

Falecemento de pais, avós, cónxuxe, fillos, netos, irmáns e país políticos4 días naturaisSiSiSiNonSiNecrolóxica e documento que acredite o parentesco.

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós4 días naturaisSiSiSiNonSiCertificado médico especificando gravidade.

Falecemento de noras, xenros, cuñados sobriños e avós políticos2 días naturalesSiSiSiNonSiNecrolóxica e documento acreditando o parentesco.

Falecemento de tíos/as políticos1 día naturalSiSiSiNonSiNecrolóxica e documento acreditando o parentesco.

Nacemento de fillo/a3 días laborablesSiSiSiNonSiLibro de familia ou certificación do xulgado.

Casamento de traballador/a15 días naturaisSiSiSiNonSiLibro de familia ou certificación do xulgado ou igrexa.

Casamento de fillos ou irmáns e novas nupcias de pais1 día naturalSiSiSiNonSiCertificado xulgado ou igrexa, sempre que acredite parentesco. Invitación.

Traslado de domicilio habitual1 día laborableSiSiSiNonSiCertificado do padrón.

Enfermidade e consulta médica

Consulta a especialista SOE prescrita por médico de medicina xeral

Tempo necesario

Máximo 5 horas/días

SiSiSiNonSiCopia volante médico SOE, xustificante asistencia a especialista.

Consulta médico medicina xeral4 horas/día máximoSiSiSiNonSiCertificado médico ou similar.

Enfermidade con baixa oficial3 primeiros díasSiSiSiNonSiParte de baixa.

Accidente de traballoDía do accidenteSiSiSiSiSiXustificante servizo médico, mutua patronal.

LactaciónO que proceda

legalmente

SiSiSiNonSiCertificado de nacemento.

Cargo sindical ou públicoO que proceda

legalmente

SiSiSiSiSiO que proceda en cada caso.

Licenza de carácter persoal1 día/anoNonNonNonNonNonSolicitude á empresa con antelación mínima de 3 días. Con ulterior xustificación.