DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 13 de setembro de 2004 Páx. 12.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de agosto de 2004 pola que se fixa o prezo de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Sanidade e que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2004.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

* Cinensino: unha proposta teórica e metodolóxica para a prevención do consumo de drogas: 15 euros.

* Cinensino: una propuesta teórica y metodológica para la prevención del consumo de drogas: 15 euros.