DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 10 de setembro de 2004 Páx. 12.630

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 199/2004, do 29 de xullo, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 157, do 13 de agosto de 2004, cómpre facer as seguintes correccións:

-Páxina 11.644, no parágrafo 1 do artigo 16º, último inciso, onde di: «caso en que se observará á regulación contemplada neste», debe dicir: «caso en que se observará a regulación contemplada neste».

-Páxina 11.645, na disposición derradeira, onde di: «conselleiro competente en materia de pesca», debe dicir: «conselleiro competente en materia de costas».