DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 07 de setembro de 2004 Páx. 12.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2004, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratificar a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Martín do Grove, inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Examinada a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Martín do Grove ao Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, realizada en cumprimento da súa disposición transitoria primeira.

Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa reunión do 27 de xaneiro de 2004, e de conformidade

co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e cos artigos 112 a), 113 e 114 do decreto citado, relativos ao Rexistro de Confrarías e das súas Federacións.

A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en representación desta, acorda ratificar a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Martín do Grove que consta de 106 artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria, e unha derradeira (63 páxinas), inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións no folio 30 do libro 1º, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2004.

P.D. (Orde 27-5-2002)

Eduardo Suárez Campo

Subdirector xeral de Ensino

e Desenvolvemento Pesqueiro