DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 03 de setembro de 2004 Páx. 12.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de exportación de peixe fresco do porto da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de exportacion de

peixe fresco do porto da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-6-2004 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 28-6-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de exportación de peixe fresco do porto da Coruña

Asistentes:

Parte empresarial:

Rafael Herráez Fernández.

Ramón Barba Carreira.

Agustín Arranz de la Cal.

Parte sindical:

Carmen Iglesias Almeida (UGT).

José Luis Martín Freire (CIG).

Juan Carballo Rodríguez (CUT).

Juan Fco. Cousillas Mosquera (CC.OO.).

Na Coruña, ás 17.00 horas do día 28 de xuño de 2004, reúnese a comisión paritaria, formada polas persoas arriba indicadas.

Esta comisión paritaria aproba a revisión salarial do ano 2003, cun incremento dun 1,1%, que é a diferencia existente entre o IPC previsto (2%) e o IPC real (2,6%), máis 0,5 puntos, acordándose xuntar os atrasos correspondentes a ese ano (nos que non consta a antigüidade), que se xuntan para a súa publicación.

Elabóranse as táboas salariais de 2004 actualizadas, incrementadas nun 2%, que é o IPC previsto para este ano, que se xuntan para a súa publicación.

Por consulta presentada sobre diferenzas de xornada laboral correspondente a anos anteriores e tras

deliberación, a comisión paritaria acorda que as empresas que superasen as 1.619 horas aboen 104 horas extras, que equivalen ás cantidades que se xuntan na táboa de horas, que non inclúe a antigüidade.

Para o ano 2004, as empresas adaptarán os calendarios de cadro horarios a 1.619 horas anuais, e terán que ser aboadas como extras as que superen a mencionada cifra.

Os atrasos aprobados neste convenio deben pagarse coa nómina de agosto de 2004.

Se se detectase algún erro aritmético, corrixirase no momento en que se teña coñecemento del.

A comisión paritaria fai constar o erro na publicación do DOG do 9 de decembro de 2003, no seu artigo 5 referente á comisión paritaria; a súa redacción non é a que se xuntou no convenio colectivo do ano correspondente, así como o artigo 26, táboa de salarios, onde fai referencia ao ano 3004.

Acordase facultar a María Begoña Boado Sánchez para a realización dos trámites legais necesarios ante a Delegación da Consellería de Asuntos Sociais, Empego e Relacións Laborais, para a publicación e rexistro da acta.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a sesión, ás 20.00 horas do día e lugar indicados no encabezamento.

ANEXO

Revisión salarial ano 2003

Categoría profesionalSalario

base

Salario

base

Complemento transporteComplemento

transporte

Total

mensual

Total

anual

Atrasos

ano 2003

* Grupo primeiro
Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior807,35816,2365,2265,94882,1713.232,55144
Titulado grao medio709,01716,8165,2265,94782,7511.741,25127,8

* Grupo segundo
Persoal mercantil non titulado:
Encargado establecemento709,01716,8165,2265,94782,7511.741,25127,8
Oficial empacador649,34656,4865,2265,94722,4210.836,30117,9
Empacador/a624,84631,7165,2265,94697,6510.464,75113,85
Aprendiz de empacador536,91542,8265,2265,94608,769.131,4099,45
Comprador709,01716,8165,2265,94782,7511.741,25127,8
Conductor624,84631,7165,2265,94697,6510.464,75113,85

* Grupo terceiro
Persoal administrativo:
Oficial administrativo624,84631,7165,2265,94697,6510.464,75113,85
Contable624,84631,7165,2265,94697,6510.464,75113,85
Auxiliar administrativo592,26598,7765,2265,94664,719.970,65108,45
Aspirante536,91542,8265,2265,94608,759.131,4099,45

Táboas salariais ano 2004

Categoría profesionalSalario

base

Salario

base

Complemento transporteComplemento

transporte

Total

mensual

Total

anual

Táboa

de horas

* Grupo primeiro
Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior816,23832,5565,9467,26899,8113.497,15636,48
Titulado grao medio716,81731,1565,9467,26798,4111.976,15559,52

* Grupo segundo
Persoal mercantil non titulado:
Encargado establecemento716,81731,1565,9467,26798,4111.976,15559,52
Oficial empacador656,48669,6165,9467,26736,8711.053,05512,72
Empacador/a631,71644,3465,9467,26711,6010.674,00492,96
Aprendiz de empacador542,82553,6865,9467,26620,949.314,10423,28
Comprador716,81731,1565,9467,26798,4111.976,15559,52
Conductor631,71644,3465,9467,26711,6010.674,00492,96

* Grupo terceiro
Persoal administrativo:
Oficial administrativo631,71644,3465,9467,26711,6010.674,00492,96
Contable631,71644,3465,9467,26711,6010.674,00492,96
Auxiliar administrativo598,77610,7565,9467,26678,0110.170,15467,04
Aspirante542,82553,6865,9467,26620,949.314,10423,28