DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 01 de setembro de 2004 Páx. 12.283

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión da Concesión das axudas de acción social do ano 2004, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 29 de xullo de 2004, sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o persoal da Xunta de Galicia para o ano 2004.

Visto o texto do acordo subscrito o 21 de xullo de 2004, polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na comisión da concesión das axudas de acción social do ano 2004, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2004.

En Santiago de Compostela o 21 de xullo de 2004, os representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2004, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do Fondo de

Acción Social para o exercicio do ano 2004

Normas xerais:

1. Ámbito persoal.

Primeira: poderá causar dereito ás distintas axudas que se recollen na presente resolución o seguinte persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporado á Xunta de Galicia con anterioridade ao 1-1-2005.

b) O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no prazo establecido para a presentación da solicitude.

Segunda: quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo:

O persoal ao servizo de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igape, Consello de Contas, CIXTEC, etc.), o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal procedente dos centros sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Sta. Mª Nai de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña e, ademais, todo o persoal que non estea organicamente integrado na Xunta de Galicia e, polo tanto, non ocupe un posto incluído na relación de postos de traballo.

Terceira: para os efectos de aplicar o baremo por unidade familiar que se fixa na axuda de discapacitados, estudos de fillos, fillos menores, estudos do traballador, maiores a cargo e vivenda, indícase seguidamente a documentación necesaria e a norma común para a valoración das rendas familiares:

Cálculo da renda per cápita.

A renda per cápita (RPC) é a cantidade que determina a porcentaxe e os límites da axuda, a partir

das táboas de baremación que se especifican en cada caso. O seu importe é o cociente resultante de dividir a renda familiar total polo número de membros da unidade familiar.

Unicamente serán considerados membros da unidade familiar os fillos, o cónxuxe ou parella de feito.

1. A renda familiar total calcularase sumando as seguintes retribucións de diñeiro íntegras (brutas) por rendementos de traballo seguintes:

a) As do solicitante obtidas da declaración do IRPF do ano 2003. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia e certificación anual de ingresos, estendida pola habilitación da súa consellería.

b) Se é o caso, as do cónxuxe ou parella de feito, obtidas da mesma forma.

c) Se é o caso, as correspondentes aos fillos maiores de idade, obtidas da mesma forma.

2. O número de membros da unidade familiar obterase sumando as seguintes persoas:

a) O solicitante.

b) Se é o caso, o cónxuxe ou parella de feito.

c) Se é o caso, os fillos que figuren no libro de familia.

d) Se é o caso, os dos copropietarios da compra de vivenda.

Documentación:

a) De todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos: declaración da renda do ano 2003. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia e certificación anual de ingresos íntegros estendidos pola habilitación da súa consellería, empresas públicas ou privadas.

b) Se é o caso, certificado de pensións, negativo ou positivo, do Instituto Nacional da Seguridade Social.

c) Se é o caso, vida laboral da Tesourería Territorial da Seguridade Social dos membros da unidade familiar, maiores de 18 anos, que non obtiveron ingresos no ano 2003.

d) Libro de familia da unidade familiar.

e) No suposto de non convivencia de ambos os proxenitores deberase acreditar que o solicitante convive cos fillos.

Cuarta.-Débense cumprir, ademais, os requisitos e presentación dos documentos que se determinan nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

Quinta.-Todas as fotocopias que presenten os solicitantes, como documentación requirida das distintas axudas, deben estar debidamente lexibles e cotexadas.

Sexta.-O Servizo de Relacións Laborais poderá solicitar calquera outro tipo de documentación complementaria que coide necesaria, para os efectos de ter constancia dos integrantes e ingresos da unidade familiar.

2. Incompatibilidades

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou por outro organismo oficial ou empresa privada, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderase solicitar a diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso deberá presentarse certificación do importe anual percibido, expedido polo organismo oficial ou empresa privada correspondente.

3. Solicitudes e documentación

a) Os interesados deben presentar a solicitude conforme o modelo oficial establecido debidamente cuberta e asinada.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador:

-Servizos centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

No referente ao persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servizo da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

-Servizos periféricos: secretarios provinciais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais, ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certificar os directores ou secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ao persoal con destino nos centros.

No referente ao persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servizos nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, dependendo do ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se exixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscadelas.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos exixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida, darán

lugar á denegación da axuda solicitada ou á perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houber lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificado pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), dirixidas á directora xeral da Función Pública (edificio Administrativo San Caetano, nº 1, 15771 Santiago de Compostela), desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de xaneiro de 2005.

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6. Distribución dos créditos.

1. En aplicación do orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2004, destínase na partida orzamentaria 04 05 121A 162.04 a cantidade de 5.895.235 euros para as axudas do fondo de acción social que prevé este acordo segundo o seguinte reparto:

1. Xubilación11,20% 660.000 euros

2. Discapacitados16,11% 950.000 euros

3. Fillos menores24,00%1.415.000 euros

4. Est. fillos26,29%1.550.000 euros

5. Est. traballador4,58% 270.000 euros

6. Vivenda16,12% 950.235 euros

7. Maiores a cargo1,70% 100.000 euros

TOTAL100%5.895.235 euros

2. Por proposta da mesa xeral de negociación ou comisión designada por ela, poderanse modificar as contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puidesen respectar os topes mínimos nas axudas que así o establezan.

3. Nas axudas que teñen a modalidade de baremo este poderá, na mesma proporción, modificarse nos importes que se percibirán por cada tramo, sempre e cando sexa insuficiente o orzamento establecido para atender a axuda de que se trate.

Os remanentes que houbera despois de aplicar as normas específicas de cada unha das prestacións ou axudas incrementarán o orzamento da axuda de fillos menores.

Procedemento.

1. Recibidas as solicitudes procederase ao estudo e á cualificación destas polo Servizo de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.

2. Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública publicarase anuncio da exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos

no Diario Oficial de Galicia contra as que os interesados poderán formular as reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán emendarse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Finalizado este, elevaranse aquelas a definitivas coas modificacións a que houber lugar.

A estimación ou desestimación da solicitude producirase coa publicación no dito diario do anuncio de exposición das listaxes de admitidos e excluídos con indicación neste último caso da/s causa/s de exclusión.

3. O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria aos beneficiarios.

4. O prazo máximo para resolver as solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvese o expediente entenderase desestimada a solicitude.

Calquera interpretación, aclaración ou dúbida que xurda sobre as presentes bases será resolta pola comisión de reparto do fondo de acción social.

Normas específicas:

1. Axudas á xubilación.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia xubilado ou en invalidez permanente no ano 2004 (desde 1-1-2004 ata 31-12-2004).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 2004, así como dos importes percibidos ao abeiro da disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e Orde autonómica do 28 de febreiro de 2000, xa que son incompatibles con este fondo social.

A División de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 2004, agás o persoal incluído na norma xeral 1. Ámbito persoal segunda do ámbito persoal que lles afecta e que non ten dereito ao fondo de acción social.

De acordo co punto 2 a) das normas xerais, o persoal xubilado que teña a condición de mutualista sometido ao campo de aplicación de Muface, deberá solicitar á dita mutualidade o subsidio de xubilación e presentar, se é o caso, certificación denegatoria de non ter dereito ao devandito subsidio, ante esta dirección xeral e antes do 16-1-2005.

A mutualidade Muface remitirá, por petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de todos os seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación con feito causante do ano 2004, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do seu rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 2004 que, tendo a condición de mutualista de Muface, figurase nas listaxes

de excluídos coa clave: Falta importe percibido por Muface ou calquera outra mutualidade ou organismo público, quedará excluído do fondo de acción social, elevándose a correspondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, aboándose, de existir diferenza, con cargo ao orzamento do fondo de acción social do ano 2005, se non fose posible facelo con cargo ao de 2004 por estar este xa executado.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo cos seguintes topes:

Tope mínimo - máximo de 3.005,06 euros.

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do fondo de acción social respectarase o tope mínimo-máximo establecido.

Documentación:

a) Non necesita presentación de solicitudes.

b) A concesión faraa de oficio a Administración.

2. Axudas para a atención a discapacitados

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia incluído no punto 1. Ámbito persoal, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-2005 e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%, polos organismos que a continuación se relacionan e que os ingresos do discapacitado non superen o salario mínimo interprofesional anual de 6.316,80 euros correspondentes ao ano 2003:

-Área de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Servizos Sociais ou Sanidade e Servizos Sociais ou Asuntos Sociais.

-Instituto Nacional de Servizos Sociais.

Esta axuda concédese unicamente baixo a modalidade de baremo.

Contido:

Reparto da contía en cómputo anual, sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes dependendo da renda familiar per cápita e do grao de minusvalidez:

Renda familiar

per cápita do ano 2003

euros

Importes axuda

Minusvalidez do

33% ao 65,99%

Minusvalidez do

66% ao 89,99%

Minusvalidez

desde o 90%

Ata 5.0001.500,00 euros1.800 euros2.356 euros

De 5.000,01 a 12.000,001.375,00 euros1.650 euros2.156 euros

Desde 12.000,011.298,16 euros1.500 euros1.956 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minorados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando,

en todo caso, o importe mínimo establecido na dita táboa, en relación coas porcentaxes da axuda.

No caso de que desde a data da cualificación da minusvalidez non teña o ano completo ratearase a contía da dita axuda.

Ao persoal laboral solicitante desta axuda aboaráselle unicamente a diferenza, aplicando a escala anterior, do que tería dereito a percibir polo artigo 35 do IV Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, sempre que o grao da minusvalidez do causante sexa igual ou superior ao 33%.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os diminuídos polos que solicita esta axuda.

Documentación:

Toda a que se detalla no punto «terceira» do ámbito persoal e ademais:

Para os fillos causantes:

a) Copia da cualificación oficial de minusvalidez, expedida polos centros anteriormente sinalados. En caso de renovación ou alteración da porcentaxe de minusvalidez no ano 2004, as dúas cualificacións.

b) Copia de todas as follas do libro de familia onde figuren serie e número, cónxuxes e todos os fillos.

c) Se o diminuído ten idade laboral deberá presentar certificado de vida laboral desde o 1-1-2003 da Tesourería Territorial da Seguridade Social e, se é o caso, certificación de ingresos íntegros no ano 2003.

d) O persoal laboral solicitante, se é o caso, presentará certificado do habilitado da súa consellería relativo aos meses que non percibirá esta axuda e porque causas.

Para os ascendentes, consortes ou tutelados por sentenza xudicial firme:

a) Copia da cualificación oficial da minusvalidez, expedida polos centros anteriormente indicados. No caso de renovación ou alteración da porcentaxe da minusvalidez no ano 2004, as dúas cualificacións.

b) Copia do DNI do discapacitado.

c) Copia do certificado de convivencia do concello do discapacitado co solicitante.

d) Copia da fe de vida do discapacitado.

e) Vida laboral do discapacitado da Tesourería Territorial da Seguridade Social desde o 1 de xaneiro de 2003 e, se é o caso, certificación de ingresos íntegros no ano 2003.

f) Certificado negativo ou positivo de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social do discapacitado.

g) Xustificación do parentesco do discapacitado co solicitante.

h) O persoal laboral solicitante, se é o caso, presentará certificado do habilitado da súa consellería relativo aos meses que non percibirá esta axuda e porque causas.

3. Axudas por fillos menores.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia, incluído no punto 1. Ámbito persoal, que teña fillos nados con anterioridade ao ano 2005 e que non alcancen a idade obrigatoria para os estudos de primaria no curso 2004/2005, ou sexa, nados desde 1-1-1999 ao 31-12-2004.

Contido:

O solicitante poderá ou non acollerse ao baremo da renda per cápita enviando ou non a documentación que se sinala no punto «terceira» do ámbito de persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá sinalalo no punto correspondente da solicitude xa que en caso contrario a comisión entenderá, para todos os efectos, que se acolle ao importe inferior que teña ou que terá a táboa da renda per cápita.

Os solicitantes-beneficiarios que se acollan á modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo e non emenden estas causas, percibirán o importe máis inferior da táboa da renda per cápita resultante.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita da unidade familiar do ano 2003, tal e como se indica seguidamente:

Renda familiar per cápita do ano 2003Importe por fillo

Ata 5.000,00 euros300,00 euros

De 5.000,01 a 12.000,00 euros180,00 euros

Desde 12.000,01 euros120,00 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minorados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os fillos menores causantes.

Documentación:

a) Copia da totalidade das follas do libro de familia onde figuren serie e número, cónxuxes e fillos, agás os causantes aprobados no ano 2003, sempre que non se acollan a modalidade de baremo.

b) Se o solicitante opta pola renda per cápita da unidade familiar deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral «terceira» do ámbito persoal.

4. Axuda para estudos por fillos.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia, incluído no punto 1. Ámbito de persoal, que teña fillos ao seu cargo nados antes do 1-1-1999 e que cursen estudos de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 778/1998, do 30 de abril,

que dean lugar á obtención de títulos académicos oficiais estendidos pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 2004/2005.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula do fillo subvencionada.

O solicitante poderá ou non acollerse á fórmula de baremo da renda per cápita enviando ou non a documentación que se sinala no punto terceira do ámbito de persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude xa que no caso contrario a comisión entende, para todos os efectos, que se acolle ao importe tope mínimo.

Os solicitantes-beneficiarios que non se acollan á modalidade de baremo percibirán o importe mínimo da táboa de baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que soliciten a modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo e non emenden estas causas, percibirán o importe tope mínimo da táboa de baremo.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita da unidade familiar do ano 2003, tal e como se indica seguidamente:

Renda familiar per cápita do ano 2003Importe

Ata 5.000,00 euros220,00 euros

De 5.000,01 a 12.000,00 euros150,00 euros

Desde 12.000,01 euros62,00 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minorados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todo caso, o importe tope mínimo establecido na dita táboa.

Se ao rematar o prazo de presentación de solicitudes ou o prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición, presentar o documento de ter aboada a matrícula do curso 2004/2005, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ao fondo social do ano 2005.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os fillos polos que solicita esta axuda.

Documentación:

a) Copia da matrícula referente ao curso 2004/2005, debendo figurar o importe pagado. Non se necesita en estudos obrigatorios.

b) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2004/2005, despois do día seguinte ao do prazo de reclamacións, antes do 30-9-2005 co fin de poder elevar a correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ao fondo de acción social do ano 2005.

c) Copia da totalidade das follas do libro de familia onde figuren as anotacións de serie e número, cónxuxes e fillos, agás os causantes aprobados no ano 2003, sempre que non se acollan á modalidade de baremo.

d) Se o solicitante opta pola renda per cápita da unidade familiar deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral terceira do ámbito persoal.

5. Axuda para estudos do traballador.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia incluído no punto 1. Ámbito de persoal, que curse estudos de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 778/1998, do 30 de abril, que dean lugar á obtención de títulos académicos estendidos pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 2004/2005.

O persoal que teña a condición de mutualista de Muface quedará excluído coa clave: Falta importe percibido por Muface..., ata que a dita mutualidade remita certificación dos seus mutualistas que obtiveran este tipo de axuda.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 entre todos os solicitantes beneficiarios segundo os seguintes criterios:

Renda familiar per cápitaImporte euros

Ata 5.000,00 euros605,00 euros

De 5.000,01 a 12.000,00 euros305,00 euros

Desde 12.000,01 euros110,00 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minorados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todo caso, o importe mínimo establecido na dita táboa.

Se ao rematar o prazo de presentación de solicitudes ou o prazo de reclamacións o solicitante non puidese, por non estar aberto o prazo de inscrición, presentar o documento de ter pagada a matrícula do curso 2004/2005, poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ao fondo social do ano 2005.

Documentación:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ao curso académico 2004/2005.

c) Xustificación do importe pagado.

d) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

e) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboada a matrícula do curso 2004/2005 despois do día seguinte ao prazo de reclamacións, antes do 30-9-2005, co fin de poder elevar a correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ao fondo de acción social do ano 2005.

f) Deberá enviar, ademais, toda a documentación común prevista na norma xeral terceira do ambito persoal.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude xa que en caso contrario a comisión entenderá, para todos os efectos, que se acolle ao importe mínimo da táboa do baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que se acollan á modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo, de non emendar estas causas percibirán o importe máis inferior da táboa da renda per cápita.

6. Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia incluído no punto 1. Ámbito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 2004 para a unidade familiar e por única vez. Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan ou pertencesen a unha unidade familiar, agás fillos emancipados, na que algún dos seus membros percibise esta axuda en anos anteriores.

Non terán dereito a esta axuda:

-O persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-O persoal interino posterior ao 31-5-1990.

-O persoal laboral non fixo.

Para efectos da axuda de vivenda, a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou parella de feito, convivente, copropietario, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a, separado/a legalmente, irmáns ou persoas que convivan co solicitante.

Contido:

Baremada, esta axuda concédese unicamente baixo a modalidade de baremo.

Tope máximo por unidade familiar: 2.452,00 euros.

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita do ano 2003, tal e como se indica a continuación:

Renda familiar per cápitaImporte

Ata 5.000,00 euros2.452,00 euros

De 5.000,01 a 12.000,00 euros2.094,00 euros

Desde 12.000,01 euros1.532,00 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minorados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda.

Documentación:

Toda a que se detalla no punto «terceira» do ámbito persoal e ademais:

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) 1. Unidade familiar onde todos os seus membros estean afiliados ao réxime de cotización da Seguridade Social: copia notarial do acto da formalización de compravenda ou obra nova escriturada ante notario no ano 2004.

2. Unidade familiar en que algún dos seus membros pertenza ao réxime de cotización de Muface, Mugeju ou Isfas, suxeitos ao réxime de clases pasivas:

2.1. Compra de vivenda: copia do acto da formalización da compravenda escriturada ante notario no ano 2004.

2.2. Construción propia de vivenda: certificado final de obra con data do ano 2004, expedido por facultativo competente, visado polo Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e polo Colexio de Arquitectos.

c) Copia do DNI do solicitante e persoa que integre con el a unidade familiar.

d) Copia da libreta de afiliación á Seguridade Social, Muface, Mugeju, Isfas, etc. do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

e) Informe de propiedades a nivel nacional emitido polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España por petición do solicitante no Rexistro da Propiedade correspondente e, se é o caso, do cónxuxe, parella de feito ou copropietario. Remitir este informe coa solicitude.

f) Se figuran propiedades no informe do Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España sinalado no punto anterior, deberán solicitar nos rexistros correspondentes certificación ou nota simple informativa de dominio, sen especificación de cargas, soamente das vivendas que teñan neses rexistros.

Nas certificacións ou notas simples informativas estendidas e seladas polos rexistros da propiedade debe constar, entre outras, a expresión: ....o certificado ou informado anteriormente é o único que teñen neste rexistro....

g) Declaración do solicitante, baixo a súa responsabilidade, de non ser beneficiario nin el nin o seu cónxuxe ou parella de feito ou copropietario de axuda de igual natureza por parte de ningún organismo público ou empresa privada, agás as que prevé o último punto desta norma específica.

h) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

i) De acordo co punto 2 a) das normas xerais, o persoal solicitante ou o que constitúa con el a unidade familiar, que teñan a condición de mutualistas sometidos ao campo de aplicación de Muface, Mugeju ou Isfas, deberán solicitarlle á devandita mutualidade, dentro do prazo establecido, a axuda por compra de vivenda ou obra nova, xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ao Fondo de Acción Social

j) Copia da solicitude de vivenda que se indica no punto anterior i).

Por petición da Dirección Xeral da Función Pública, as delegacións de Muface, Mugeju ou Isfas remitirán certificación de todos os seus mutualistas solicitantes da axuda por compra de vivenda ou obra nova do ano causante 2004, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listaxes que publique a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión, de prazo flexible, falta importe percibido por Muface, Mugeju ou Isfas, deberán presentar resolución do seu expediente polas ditas mutualidades co fin de poder elevar proposta de aprobación, se é o caso, da axuda con cargo ao orzamento do Fondo de Acción Social do ano 2005, se non fose posible facelo con cargo ao de 2004 por estar este xa executado.

Son compatibles coas previstas no Decreto 199/2002, do 6 de xuño, da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 13 de xuño) e disposicións para o desenvolvemento do referido decreto e Orde do 10 de febreiro de 2004 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG nº 31, do 13 de febreiro).

7. Axuda de maiores a cargo.

Beneficiarios:

O persoal ao servizo da Xunta de Galicia previsto no punto 1. Ámbito persoal, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, familiares de 1º ou 2º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme que teñan 65 ou máis anos e cuns ingresos íntegros que non superen o salario mínimo interprofesional.

Esta axuda é incompatible coa axuda deste fondo social de discapacitados.

Contido:

Reparto da contía en cómputo anual, sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes dependendo da renda familiar per cápita e dos anos que teña o maior causante:

Renda familiarIdade

65 a 75 anos

Idade

76 a 85 anos

Idade

desde 86

anos

Ata 5.000,00300 euros400 euros500 euros

De 5.000,01 a 12.000,00200 euros300 euros 400 euros

Desde 12.000,01 50 euros 75 euros100 euros

No caso de que o orzamento establecido para esta axuda non fose abondo para a aplicación dos importes que sinala a anterior táboa de baremo, estes importes serán minorados nunha mesma porcentaxe ata que o importe global das solicitudes aprobadas non supere o importe establecido para esta axuda, respectando, en todos caso, o importe mínimo establecido na dita táboa, en relación coas idades dos causantes e desta axuda.

Solicitude:

Normalizada e única para todos os causantes maiores da unidade familiar polos que solicita esta axuda.

Documentación:

a) Toda a que se detalla no punto terceiro do ámbito persoal, agás os solicitantes que optan por non baremo.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo, deberá necesariamente sinalalo no punto correspondente da solicitude, xá que en caso contrario a comisión entenderá, para todos os efectos, que se acolle ao importe mínimo da táboa do baremo.

Os solicitantes-beneficiarios que se acollan á modalidade de baremo e figuren excluídos unicamente por causas de baremo, de non emendar estas causas percibirán o importe máis inferior da táboa da renda per cápita.

b) Copia da declararación ou certificación fiscal da renda do ano 2003 de Facenda do solicitante e do causante.

c) Certificado de convivencia-empadroamento expedido polo concello, de todas as persoas que conviven no domicilio, con indicación expresa de rúa, número de casa, andar e letra da vivenda.

d) Documento nacional de identidade do maior causante.

e) Certificación de pensións (negativo ou positivo) do Instituto Nacional da Seguridade Social.

f) Xustificación do parentesco do causante co solicitante.

Pola Administración:

Presidente: Víctor Gallego Víncent. Secretario: Rafael López Aguilera.

Dirección Xeral da Función Pública: xefe do Servizo de Relacións Laborais, José Antonio Fraga Calza. Xefa de Negociado do Servizo de Relacións Laborais, Generosa Yáñez Salgado. María Chas de la Calle, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Agustin Cariñena Aliaga, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. María M. Blanco Aller, Consellería de Economía e Facenda. Mª José Colomer Fariña, Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Lourdes Courtier Ramos, Consellería de Innovación, Industria e Comercio. Marta Ramos Lage, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Esther Viana Conde, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Mª Carmen Gutiérrez Fernández, Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Manuela Guillán de Dios, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. José Sánchez-Brunete Varela, Consellería de Medio Ambiente. Luisa Fernanda Mediero Lago, Consellería de

Sanidade. Víctor Tubío Villar, Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Eduarda Varela Castro, Consellería de Emigración. Miguel A. Ares Casal, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Polas organizacións sindicais:

-CC.OO.: José Emilio Doforno Guzmán.

-UGT: Mª Teresa Lombera Moret. Antonio Pais Andrade.

-CSI-CSIF: Álvaro Fernández Baamonde. Adela Marfany Oanes. Maria del Mar Lauroba Sánchez.