DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 31 de agosto de 2004 Páx. 12.241

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Teydesa Conectores, S.A. para o ano 2004.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Teydesa Conectores, S.A. para o ano 2004, código de convenio número 3200412, subscrito con data do 4 de maio de 2004, entre o representante da empresa, José María Sargatal Raskonit, pola parte económica, e doutra polo delegado de persoal, Avelino Bangueses Bande, en representación da parte social, e Xan Losada González, como asesor pola central sindical CIG en representación da parte social, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de xuño de 2004.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para a empresa

Teydesa Conectores, S.A. para o ano 2004

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

De acordo co establecido no título III do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, este convenio afectará a totalidade dos empregados e asalariados da empresa.

Sen prexuízo do anteriormente exposto, e tendo en conta as especiais circunstancias e características do persoal, que a continuación se enumeran, quedará fóra do ámbito de aplicación deste convenio o persoal que realiza traballos de alta dirección ou alta xestión na empresa.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio aplicarase unha vez que sexa homologado pola autoridade laboral; agora ben, os seus efectos económicos retrotraeranse ao día 1 de xaneiro de 2004, independentemente da data da súa publicación no BOP. A súa duración será desde o día 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004.

Non obstante, entenderase automaticamente prorrogado de ano en ano, ata que unha das partes o denuncie expresamente, de conformidade coa lexislación vixente, e cunha antelación mínima de dous meses ao termo da vixencia deste convenio ou da prórroga en curso.

Na denuncia deberase facer constar:

-Ámbito de aplicación do novo texto do convenio.

-Materias de negociación debidamente analizadas.

-Representación que desempeña o denunciante.

-Igualmente sinálase que durante o tempo que medie entre a data do remate dos efectos do convenio e a entrada en vigor dun novo convenio que o substitúa, enténdese prorrogado para todos os efectos este convenio.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes de aplicación deste convenio poderán ser absorbidas ou compensadas ata onde alcance o cómputo anual con aqueloutras condicións de índole superior que estean establecidas pola empresa, agás pacto expreso en contrario, todo isto de conformidade co preceptuado no decreto de ordenación do salario e disposicións concorrentes.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, de luns a venres, e en ningún caso a devandita xornada poderá superar un cómputo anual de 1.784 horas.

Dentro do cómputo de traballo efectivo entenderase por comprendidos os tempos horarios empregados nas xornadas continuadas como descanso e outras interrupcións, cando por normativa legal o acordo entre as dúas partes ou pola propia organización do traballo se entendan integradas na xor

nada diaria de traballo. A este respecto establécese un período mínimo de descanso de 15 minutos.

O horario establécese de luns a venres, agás o personal a quendas, que teña necesidade de compensación de horas, que de ser o caso, poderá traballar o sábado ata compensar a xornada.

Para adaptar a xornada anual, establécense os seguintes días libres remunerados: 23 de febreiro, 11 de outubro, 12 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro; estes días poderán ser cambiados por acordo entre empresa e traballadores.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días naturais, sendo o salario que percibirán durante elas igual ao dunha nómina normal de mes.

O período de desfrute das vacacións será preferentemente nos meses de verán, debendo coñecer o traballador cunha antelación mínima de dous meses a data de inicio de desfrute. Fixaranse de común acordo entre a empresa e o traballador, e salvo acordo entre as dúas partes serán rotativas, e sempre que non afecten os progamas de produción da empresa.

Artigo 6º.-Salario e outros conceptos retributivos.

Os salarios bases establecidos para cada categoría profesional son os que se fixan no anexo que se achega, primeira columna.

A gratificación de carencia de incentivos aboarase pola segunda columna do anexo salarial e por día efectivo de traballo, entendendo o sábado como día efectivamente traballado.

Artigo 7º.-Permisos retribuídos e non retribuídos.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica ou polo período que a continuación se sinala:

-Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: dous días naturais.

-Por nacemento de fillos: catro días naturais.

-Por morte ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, irmáns, pais politicos, avós, netos e fillos: o tempo necesario, como mínimo dous días hábiles.

-Pola morte de irmáns políticos, avós políticos: 2 días naturais.

-Pola morte de tíos e sobriños: dous días naturais.

-Pola morte de tíos políticos: un día natural.

-Por consulta médica: o tempo necesario con xustificación.

A asistencia a exames, entregando xustificación, será sen dereito a retribución, e concedida polo tempo necesario para a súa realización.

Artigo 8º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Se por razóns técnicas e organizativas a empresa ten que trasladar os seus produtores a prestar servizos a outros centros de traballo, aboaralles por axuda de custo completa a cantidade de 22,64 euros e por media axuda de custo 11,33 euros.

Artigo 9º.-Traballos especiais.

Aplicarase o preceptuado no artigo 77 da ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica, sendo as porcentaxes do 25, 30, e 35%, en lugar das sinaladas na mencionada norma.

Artigo 10º.-Comité de seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ao cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo, en materia de aseos, vestiario, dotacións sanitarias de urxencia, duchas, etc, de conformidade coa ordenanza de seguridade e hixiene vixente. Para tal efecto designaranse dous membros como vixilantes de seguridade e hixiene, que serán elixidos polos traballadores fixos do cadro de persoal.

As funcións do comité de seguridade e hixiene serán asegurar os dereitos dos traballadores en canto ás cuestións relacionadas coa seguridade e hixiene no traballo fixadas pola lei ou convenio entre ambas as partes. Os membros do comité non terán dereito a horas retribuídas.

Artigo 11º.-Período de proba.

O período de proba será de 15 días para os seguintes traballadores: peón, especialista, oficial de 3ª, oficial de 2ª, e oficial de 1ª. Para as demais categorías aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

Ao persoal afectado por este convenio entregaralle a empresa unha peza de roupa de traballo ou funda cada seis meses, sendo obrigatorio o seu uso cando o traballo o requira. As devanditas pezas de roupa serán en todo momento propiedade da empresa, e o traballador está obrigado á boa conservación e uso, podendo a empresa facer constar nas devanditas pezas o anagrama ou actividade dela.

Así mesmo, segundo o posto de traballo, a empresa daralle os elementos e medios necesarios exixidos legalmente para protección, debendo utilizalos o traballador na realización das súas tarefas.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afecto ao presente convenio percibirá dúas pagas extraordinarias que se farán efectivas o 15 de xullo e o 22 de decembro.

A súa contía será dunha mensualidade de salario real.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Este complemento salarial de carácter persoal, consistirá en quinquenios, de contía do 6% do salario base:

Artigo 15º.-Gratificacións de toxicidade e penosidade, penosidade e nocturnidade.

Aboaranse de acordo co disposto na ordenanza laboral siderometalúrxica e disposicións concordantes.

Artigo 16º.-Incapacidade laboral transitoria.

O persoal que se atope en situación de IT derivada de enfermidade común, a partir do primeiro día do

segundo mes, percibirá o 100% do seu salario; no caso de hospitalización, desde o primeiro día percibirá o 100%. No caso de ser a primeira baixa do ano por enfermidade común o traballador percibirá o 75% os tres primeiros días da baixa.

Cando esta situación derive de accidente de traballo ou accidente in itinere, desde o primeiro día aboaráselle o 100% do salario.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Axustaranse ao disposto no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 18º.-Póliza de seguros.

A empresa concertará unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común do que derive a morte do traballador: 27.045,54 euros.

-Ídem anterior do que derive a situación de incapacidade permanente, total ou absoluta ou grande invalidez: 27.045,54 euros.

-Ao persoal de nova incorporación non lle será de aplicación a póliza antes sinalada, ata transcorridos trinta días desde a contratación.

Artigo 19º.-Premios de xubilación.

-Xubilación aos 60 anos: 6 mensualidades.

-Xubilación aos 61 anos: 5 mensualidades.

-Xubilación aos 62 anos: 4 mensualidades.

-Xubilación aos 63 anos: 3 mensualidades.

Aos devanditos premios só terán dereito aqueles traballadores que teñan na data do feito máis de dez anos de antigüidade na empresa.

Artigo 20º.-Gratificación de carencia de incentivos.

Establécese o aboamento desta gratificación como prima de produtividade e asistencia, ao non ter a empresa regulamentada a retribución en función de rendemento. O dereito de percibo desta gratificación perderase totalmente ou parcialmente polas seguintes causas:

a) O 25% da gratificación de carencia de incentivos correspondente ao salario do día por falta de puntualidade de ata 5 minutos. A reincidencia deste tipo de falta gravarase co 50%.

b) O 75% da gratificación de carencia de incentivos correspondente ao salario do día por falta de puntualidade superior a 5 minutos e ata media hora.

c) O 100% por máis de media hora sen chegar a un día completo.

d) O correspondente a 2 días por cada falta de asistencia.

e) O abandono do traballo antes da hora sinalada, a non incorporación á hora xusta de comezalo e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade para estes efectos.

Artigo 21º.-Produtividade.

O sistema de traballo que se vaia empregar será de libre iniciativa da empresa, debendo axustarse

ao previsto neste convenio e a lexislación concordante, sen prexuízo da posterior aprobación da autoridade laboral competente.

A actividade normal de traballo é a desenvolvida polo operario medio que actúa baixo unha dirección competente, pero sen estímulo dun sistema de renumeración por rendemento e sen coacción ningunha, isto é, a cantidade de traballo desenvolvida efectivamente por un obreiro capacitado realizando unha actividade mínima normal equivalente a 4,800 km/hora e que se determinara por unha correcta cronometraxe.

A actividade normal vén determinada por 100 unidades centesimais ou 60 puntos Bedaux ou o seu equivalente noutros sistemas de medición que sexan aceptados internacionalmente.

A actividade óptima é a que pode desenvolver un traballador activo adestrado no traballo e que logre nel con seguridade un nivel de calidade e precisión fixados pola tarefa. Esta actividade está valorada en 140 unidades centesimais ou 80 Bedaux ou o seu equivalente. Será sancionable todo traballador que non alcance a actividade normal durante tres días consecutivos ou cinco alternos no período de 30 días. En cada caso, a empresa para os efectos de sanción, apreciará a gravidade da falta á vista dos feitos producidos. Así mesmo, será obxeto de sanción o produtor que de maneira reiterada manteña unha actividade inferior á normal.

Establécese especificamente que a facultade de organización práctica do traballo corresponde á dirección da empresa trala ausencia; sinálase entre outras as seguintes funcións:

a) Exixencia da actividade normal fixada polo convenio.

b) Adxudicación do número de máquinas ao traballador a rendemento normal.

c) Mobilidade e cambio de persoal nas empresas de acordo coas necesidades de organización da produción na forma sinalada regulamentariamente.

De establecer a empresa un sistema de traballo incentivado, a actividade normal comprenderá a gratificación de carencia de incentivos fixada no anexo. Unha vez aprobado o sistema de traballo incentivado, non poderán aplicarse penalizacións ata trascorridos tres meses desde a data de implantación do sistema, considerándose o devandito espazo de tempo como período de proba.

En ningún caso poderá penalizarse a falta de produtividade e a falta de puntualidade e asistencia á vez.

Artigo 22º.-Medidas de fomento do emprego e da contratación laboral.

O contrato de duración determinada da modalidade de eventual por circunstancias da produción, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos, regulado polo artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción establecida pola Lei 63/1997, poderá ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período máximo de 18 meses.

Esta duración máxima será aplicable tanto aos novos contratos desta modalidade asinados a partir da entrada en vigor deste convenio como ás prórrogas dos contratos de traballo vixentes antes da súa entrada en vigor.

Artigo 23º.-Gratificación de xefe de equipo.

De acordo co establecido no artigo 79 da ordenanza laboral de siderometalúrxica, o xefe de equipo percibirá unha gratificación consistente nun 20% sobre o salario base da súa categoría.

Artigo 24º.-Excedencias.

Poderana solicitar todos os traballadores que leven un mínimo dun ano ao servizo da empresa. A duración da excedencia poderá ser dun ano a cinco anos. A petición de excedencia farase por escrito cun mes de antelación e será resolta pola empresa afirmativamente cando non se cubrira con contrato de interino; nos demais casos ateranse ao disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 25º.-Traballo da muller.

Se a realización das tarefas consideradas tóxicas, penosas, molestas ou insalubres afectara á situación de embarazo ou maternidade, terán que ser excluídas para a muller.

Artigo 26º.-Servizo militar.

Durante o tempo que se preste servizo militar ou social voluntario e obrigatorio, o traballador terá dereito á reserva do posto de traballo, que se entenderá 20 días despois de licenciado, e á percepción das pagas extras, na mesma contía que se estivera traballando.

Artigo 27º.-Reserva do posto de traballo no caso de invalidez provisoria.

Os traballadores que cesaran na empresa por causas de invalidez provisoria teñen dereito a ser declarados aptos para o traballo e ser reintegrados no posto de traballo que con carácter normal ocupaban na empresa na data na que causaron baixa ou no posto adecuado as súas condicións. Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro do mes seguinte á data da súa declaración de aptitude.

Artigo 28º.-Revisión médica do persoal.

A empresa efectuará unha revisión médica anual a todos os traballadores do cadro de persoal. Estas revisións serán a cargo da mutualidade correspondente ou da propia Seguridade Social.

Disposicións transitorias

Primeira.-O aumento deste convenio para o ano 2004 será do 3,5% sobre os conceptos retributivos da táboa salarial (salario base e gratificación de carencia de incentivos) tomada como base para esta negociación.

Establécese unha claúsula de revisión; no caso de que ao final de ano o IPC supere o 3%, actualizaranse as táboas de salarios ata o IPC real con carácter retroactivo.

Segunda.-Os efectos económicos deste convenio retrotraeranse ao 1 de xaneiro de 2004, e aboaranse na nómina do mes seguinte á súa publicación no BOP.

Terceira.-As partes asinantes deste convenio son: pola parte económica José María Sargatal Raskonit e pola parte social Avelino Bangueses Bande, como delegado de persoal, e Xan Losada González, como asesor pola CIG.

Cuarta.-En todo o non previsto no texto deste convenio, será norma supletoria a ordenanza laboral das industrias siderometalúrxicas e a lei pola que se aproba o Estatuto dos traballadores, e disposicións concordantes.

ANEXO

Táboa salarial 2004

Grupos e categorías profesionaisSalario baseGratif. carencia de incentivos

* Persoal obreiro

Peón22,385,86
Lavador22,385,86
Especialista22,416,15
Oficial de 3ª22,456,38
Oficial de 2ª22,486,77
Oficial de 1ª22,507,76
Oficial de 1ª montador22,508,31
Traballador menor de 18 anos13,383,38

* Persoal subalterno

Almaceneiro22,385,86
Probador22,526,77
Listeiro22,456,38
Recepcionista22,385,86
Pesador de báscula22,385,86
Vixilante22,385,86
Ordenanza22,385,86
Porteiro22,385,86
Conserxe21,525,63
Chofer turismo22,496,77
Chofer camión22,507,79
Dependente aux. maior 25 anos22,456,38
Dependente principal maior 25 anos22,456,38
Telefonista22,526,38

* Persoal técnico

Mestre de taller28,088,39
Xefe de taller28,099,84
Contramestre28,098,39
Encargado28,098,39
Titulado medio28,099,84
Titulado superior29,3810,35
Delineante proxectista25,5010,35
Delineante de 1ª25,477,74
Delineante de 2ª22,507,76
Calcador reprodutor22,456,38
Técnico de laboratorio25,518,39
Analista24,538,07

* Persoal administrativo

Auxiliar administrativo22,456,38
Oficial administrativo de 1ª22,507,77
Oficial administrativo de 2ª22,496,77
Xefe administrativo de 1ª22,508,31
Xefe administrativo de 2ª22,507,79
Caixeiro22,496,77
Xefe de almacén22,507,79
Xefe de contabilidade22,508,31
Vixilante e vendedor21,836,38
Xefe de laboratorio28,099,84
ATS28,099,84