DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 31 de agosto de 2004 Páx. 12.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de xullo de 2004 pola que se modifica a Orde do 22 de outubro de 2003, pola que se convocan as probas específicas para a obtención dos diplomas das especialidades da escala técnica de finanzas polo persoal pertencente a ela.

A Orde do 22 de outubro de 2003, pola que se convocan as probas específicas para a obtención dos diplomas das especialidades da escala técnica de finanzas polo persoal pertencente a ela, establece no punto II dos seus anexos I e II a composición das comisións de avaliación ou de selección e avaliación para a adquisición da outra especialidade, nas súas modalidades de proba escrita ou curso, respectivamente.

Reunida a comisión que xulgará as probas para a adquisición da especialidade técnica de inspección e xestión financeira e tributaria e constatada o incorremento do director xeral de Tributos no suposto de abstención previsto no artigo 28.2º a) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede nomear un substituto, co obxecto de garantir o desenvolvemento do proceso convocado.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a composición das comisións previstas no apartado II.A dos anexos I e II da Orde do 22 de outubro de 2003, pola que se convocan as probas específicas para a obtención dos diplomas das especialidades da escala técnica de finanzas polo persoal pertencente a ela, que quedará integrada polos seguintes membros:

Presidente: o secretario xeral e do Patrimonio.

Vogais: a directora xeral de orzamentos, un representante designado polas organizacións sindicais e dous funcionarios da Consellería de Economía e Facenda, un deles pertencente á especialidade técnica de inspección e xestión financeira e tributaria da escala técnica de finanzas, que exercerá as funcións de secretario. Ambos serán designados polo secretario Xeral e do Patrimonio.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda