DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 27 de agosto de 2004 Páx. 12.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se dá publicidade á adhesión das empresas avaliadoras da conformidade, Asociación de Investigación Técnica de las Industrias de la Madera y Corcho (AITIM) e a European Quality Assurance Spain, S.L. (EQA) ao convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento da certificación en Galicia.

Con data do 12 de marzo de 2004 subscribiuse entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade un convenio aberto de colaboración para o fomento da certificación dos sistemas de xestión en Galicia, que foi publicado no DOG nº 65, do 2 de abril de 2004.

Na cláusula terceira do convenio considérase a posibilidade de adherirse a este aquelas certificadoras que o soliciten e reúnan os requisitos exixidos no convenio. Conforme o establecido na dita cláusula as certificadoras Asociación de Investigación Técnica de las Industrias de la Madera y Corcho (AITIM) e European Quality Assurance Spain, S.L. (EQA), presentaron solicitude de adhesión ao dito convenio aberto.

Vista a documentación remitida por ambas as dúas certificadoras, o conselleiro de Innovación, Industria

e Comercio resolveu adherir a Asociación de Investigación Técnica de las Industrias de la Madera y Corcho (AITIM) con CIF: G-28194603 representada por Mariano Hervás Vázquez, e a European Quality Assurance Spain, S.L. (EQA) con CIF: B-81584989 representada por Gustaf Horn Af Aminne ao convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento dos sistemas de xestión en Galicia, do 12 de marzo de 2004.

Cumprida a tramitación regulamentaria procede a publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita adhesión co fin de dar publicidade a este feito.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2004.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento

Sectorial