DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 27 de agosto de 2004 Páx. 12.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se dá publicidade á incorporación dos referenciais selo de calidade AITIM e certificación cadea de custodia ao convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento da certificación en Galicia.

Con data do 12 de marzo de 2004 subscribiuse entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade un convenio aberto de colaboración para o fomento da certificación dos sistemas de xestión en Galicia, que foi publicado no DOG nº 65, do 2 de abril de 2004.

Na cláusula quinta do convenio recóllese a posibilidade de actualizar a lista aberta de referenciais segundo anexo VI en función da innovación nos modelos de xestión e logo de solicitude por parte das certificadoras. Conforme o establecido na dita cláusula as certificadoras Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), con CIF G-78216819 e Asociación de Investigación Técnica de las Industrias de la Madera y el Corcho (AITIM), con CIF G-28194603, presentaron solicitude de incorporación dos referenciais certificación cadea de custodia e selo de calidade AITIM respectivamente.

Vista a documentación remitida por ambas as dúas certificadoras, o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio resolveu actualizar a lista aberta segundo anexo VI do convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento dos sistemas de xestión en Galicia, do 12 de marzo de 2004 cos seguintes referenciais:

EspecificaciónDescrición

Certificación cadea de

custodia

Certificación para comprobar que unha materia prima madeireira certificada polo PEFC procede de bosques certificados polo PEFC.

Selo de calidade AITIM Certifica que os produtos fabricados e os servizos subministrados pola industria da madeira a que se aplique responden ás especificacións das normas UNE e UNE-EN establecidas polo Comité de Dirección do Selo de Calidade.

Cumprida a tramitación regulamentaria procede a publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita adhesión co fin de dar publicidade a este feito.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2004.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía

e Desenvolvemento Sectorial