DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 27 de agosto de 2004 Páx. 12.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de decembro de 2003 pola que se anuncian cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para mestres e profesores de primaria, secundaria, de ensinanzas especiais e de formación profesional, dos centros públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na Orde do 26 de decembro de 2003, publicada no DOG nº 10, do venres, 16 de xaneiro de 2004, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 775, artigo 1º, parágrafo 2, onde di: «Os gastos ocasionados pola celebración destes cursos, financiaranse con cargo á partida orzamentaria 07.06.353W.640.2», debe dicir: «Os gastos ocasionados pola celebración destes cursos, financiaranse con cargo á partida orzamentaria 07.06.353E.640.2».