DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 25 de agosto de 2004 Páx. 12.083

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2004 pola que se convoca un curso de actualización en materia penal.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso de actualización en materia penal, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer as novidades habidas na normativa penal e procesual-penal que teñan maior incidencia na operativa diaria das policías locais.

-Saber qué cambios se introducen coa nova reforma do Código Penal e a afectación sobre o traballo policial que iso vai supor á súa entrada en vigor.

Publicación.

Esta actividade formativa e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 22 de setembro de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servizo de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33): avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo

38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase do 27 de setembro ao 1 de outubro de 2004.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. A reforma do Código Penal: novidades máis importantes que achega esta reforma, que entrará en vigor en octubre de 2004.

II. Actualización na operativa policial referida aos xuizos rápidos.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 23 de setembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no concello de Bergondo, nas aulas da Deputación Provincial do Pazo de Mariñán.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 3 de agosto de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade